Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta
Suscribirse a esta lista por medio de RSS. Ver entradas etiquetadas Manuel María
8179

O pasado 15 de decembro celebrouse no Teatro Colón da Coruña o concerto que pecha as homenaxes ao gran poeta galego Manuel María.

O poeta chairego é a quen foi  adicado este ano o Día das Letras. “A música amorosa das palabras” clausura os actos que tiveron lugar perante estes doce meses, mais non da por finalizado o espallamento da súa obra que leva a cabo, dun xeito fermoso e incansábel, a Fundación Manuel María, organización encargada de achegar a súa obra a todos os recunchos do país. Esta entidade ten o obxectivo de manter a memoria e o legado do poeta chairego, así como a súa investigación e divulgación.

Continuar leyendo
0
9630

Moita xente se deu cita un ano máis para homenaxear a Manuel María na Carballeira de Santa Isabel

Outeiro de Rei, 9 xullo 2016

De novo gran éxito de convocatoria na 3ª edición do Convivio da Cultura Galega na fermosísima Carballeira de Santa Isabel á beira do pai Miño. Unha xornada de festa arredor da cultura do País que encheu de xente esta paraxe incomparábel. A Banda Xuvenil da Escola Musical de Rianxo, de Rábade-Begonte e a Banda de Música e Coro de Asoción Cultural e Musical Solfa interpretaron diversas pezas con especial protagonismo das meniñas e meniños que disfrutaron a tope.

Continuar leyendo
0
4704

A Área de Cultura da Deputacion de Lugo xunto coa Tradescola organizaron este concerto–homenaxe “Sons de maio…para Manuel María” encheu de música e baile tradicional a praza lucense.

Tan só dous días despois de celebrarse o Día das Letras Galegas, a lucense Praza de San Marcos encheuse de público para homenaxear ao poeta chairego no que é o Ano Manuel María. O Delegado de Cultura, Xosé Ferreiro, asistiu a este evento no que destacou o potencial da Tradescola como "xeradora de cultura desde a base" e destacou os eu papel como "salvagarda da nosa cultura e da nosa tradición.

Continuar leyendo
0
4990

O prazo de inscrición nos obradoiros ábrese o vindeiro xoves 14 de abril e rematará o 21 de abril, comezando os obradoiros o luns 25 de abril

O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, presentou a terceira edición do Lingua Viva, un proxecto da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Xunto a el estivo tamén Paloma Lugilde, coordinadora do proxecto e directora do grupo de teatro lucense Palimoco Teatro, así como algúns e algunhas das integrantes do mesmo.

O proxecto Lingua Viva contempla obradoiros de teatro e danza, e é, tal e como expresou Ferreiro "un proxecto aberto, anovador e flexible co que queremos contribuír neste Ano Manuel María ao coñecemento e difusión das diferentes facetas que desenvolveu o escritor chairego, quen é coñecido pola súa dimensión de poeta, mais que tamén explorou outras facetas como a dramaturxia" dixo.

Continuar leyendo
0
5143
Colaborarán en diversas actividades co fin de poñer en valor a súa figura e estudar e divulgar a súa obra O conselleiro de Cultura, gabou a figura de Manuel María -a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas- porque, máis aló da súa calidade literaria e da súa prolífica obra poética, “foi un home comprometido coa cultura, coa sociedade e co idioma dun xeito absoluto”. O conselleiro fixo esta loa na terra natal do poeta, en Outeiro de Rei, onde asinou un convenio coa Fundación Manuel María de Estudos Galegos, nun acto ao que tamén asistiu...
Continuar leyendo
0
50391
Moita xente se deu cita un ano máis para homenaxear a Manuel Marí­a na Carballeira de Santa Isabel Outeiro de Rei, 11 xullo 2015 De novo gran éxito de convocatoria na 2ª edición do Convivio da Cultura Galega na fermosísima Carballeira de Santa Isabel Á beira do pai Miño. Unha xornada de festa arredor da cultura do Paí­s que encheu de xente esta paraxe incomparábel. A Banda Xuvenil da Escola Musical de Rianxo, de Rábade-Begonte e a Banda de Música e Coro de Asoc. Cultural e Musical Solfa interpretaron diversas pezas con especial protagonismo das meniñas e meniños que disfrutaron...
Continuar leyendo