Crónica do concerto que ofreceu Carlos Nuñez e o seu grandísimo grupo na Praza da Horta do Seminario de Lugo, o 11 de Outubro, nas festas do San Froilán 2016.
Pois vinte anos agardou Lugo para poder deleitarse ao escoitar a Carlos Núñez dando vida á Muiñeira de Chantada nunha ateigada Praza da Horta do Seminario. Todo un luxo a actuación do gaiteiro de Vigo que poñía a guinda do pastel a unhas festas de San Froilán que este ano destacaron, e moito, pola promoción da cultura galega.
Foron artistas da talla de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Caxade, Familia Caamagno, A Quenlla, e os desfiles de pasarrúas os que encheron de música en galego as rúas da cidade das murallas.