'Lobos sucios' abre este programa especial no Cine Gaumont do Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Arxentina como parte da programación organizada pola Xunta para a 42ª Feira Internacional do Libro de Buenos Aires
Proxéctanse tamén ‘As altas presións’, ‘A esmorga’, ‘Maimiño, ‘Inevitable’, ‘Holy Night’, ‘Os fenómenos’, ‘Arraianos’, ‘A praia dos afogados’, ‘No Cow on the Ice’, ‘O ouro do tempo’, ‘A árbore magnética’ e ‘A cicatriz branca’
Na sección documental, exhíbense ‘As luces de Sargadelos’, ‘A imaxe Reb/velada’, ‘Contra a morte, unha aproximación a Lois Pereiro’ e ‘100% CEF. Unha biografía de Celso Emilio Ferreiro’
A recente produción audiovisual galega protagonizará o ciclo ‘Galicia en cine’, que ofrecerá en Buenos Aires unha escolma de 17 filmes de ficción e documentais como parte da programación cultural organizada pola Xunta de Galicia para a 42ª edición da Feria Internacional del Libro da capital arxentina, onde Santiago de Compostela está a ser a cidade convidada.