Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Womex 16 converterá Compostela no centro internacional da música tradicional e de raíz

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 12774
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
12774

A Cidade Vella compostelá e a Cidade da Cultura de Galicia acollerán entre o 19 e o 23 de outubro arredor de 300 músicos

O casco histórico de Santiago e a Cidade da Cultura de Galicia acollerán entre o 19 e o 23 de outubro a vixésima segunda edición de Womex. Arredor de 2.500 persoas de máis de 100 países, 300 músicos, entre eles os galegos Radio Cos, Xabier Díaz e Narf, se achegarán a Galicia para participar no maior evento internacional da música de raíz. Así mesmo, a feira durante o día incluirá 290 stands con máis de 700 empresas, ademais de 22 conferencias e 95 relatores de 35 países en 50 sesións, entre outras actividades.

Se trata dun “importante esforzo colectivo de empresas e administracións” para converter Santiago e Galicia “en epicentro, por uns días, da música tradicional e de raíz.” Destacable o bo ritmo ao que avanza a participación profesional na feira e confiou en igualar, ou mesmo superar, as cifras da edición anterior. Todos os stands dispoñibles na Cidade da Cultura están xa cubertos.

Así mesmo, o titular de Cultura referiuse ao Focus GalicianTunes, “un espazo de proxección da música de Galicia” previo ao Womex e que promove un encontro internacional entre artistas galegos e mediadores culturais de catro continentes, e ao concerto de benvida do Womex “Iberian-Music Tapas Menu”, co que “gañar desde o minuto 1 o agarimo dos integrantes da grande comunidade multicultural que é Womex”,

A programación completa foi presentada hoxe en rolda de prensa no salón vermello do Concello de Santiago coa participación do seu alcalde, Martiño Noriega, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Bryan Kaulback de Mahou, patrocinador privado; e Antón Martínez, socio de Nordesía Producións, organizadora do evento.

Opening e Womex Awards

O Opening é a sección de apertura do Womex que serve para lle dar a benvida aos profesionais que participarán no evento. Terá lugar o mércores 19 no Auditorio de Galicia, dirixido polo músico galego Pedro Pascual e reunindo a grupos da península ibérica como Kepa Junkera, María Arnal & Marcel Bagés e Carmen París, e aos galegos, o Cuarteto Caramuxo e Talabarte.

Womex concede anualmente os premios aos máis significados intérpretes das músicas do mundo. A ganadora desta edición é Calypso Rose, nacida en Tobago en 1940. Escribiu a súa primeira canción con 15 anos e desde entón foise convertido nunha das voces fundamentais da música das Antillas.

Estreas mundiais no Womex Film Nights

Womex Films Nights é o festival de documentais sobre música que este ano estreará o Womex en Santiago. As sesións celebraranse no Museo das Peregrinacións en tres sesións diarias, entre os días 20 e 22. Nove películas integran o cartel deste festival de documentais, con títulos que repasan a situación da música no mundo, especialmente en África e Asia. Dúas destas longametraxes serán estreadas mundialmente neste evento.

Música dos cinco continentes en aberto

Womex 16, ademais da feira profesional no recinto do Museo Centro Gaiás durante o día, abre ao público 45 concertos durante tres noites (xoves 20, venres 21, e sábado 22), en diferentes espazos da Cidade Vella: Praza da Quintana, Teatro Principal, Salón Teatro, Auditorio Abanca e a Sala Capitol para as sesións DJ. Para eles seguen á venda os bonos a 55 euros, ademais das entradas individuais para os 18 concertos na Praza da Quintana, por 20 euros.

Pódense consultar todos os concertos na Axenda de Cultura de Galicia: www.cultura.gal/gl/axenda

0
Etiquetado en: Compostela Womex

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 22 Diciembre 2024