Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

O programa 'Libros para sermos libres', distribúe fondos literarios en vinte e nove concellos da Provincia

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 112954
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
112954

O programa faise en conmemoración do 23 de abril, o Día do Libro, distribuíndo os fondos editoriais no territorio.

Bibliotecas, mercados, centros de saúde ou escolas son algúns dos espazos escollidos polos concellos para organizar os actos en que se repartirán volumes do programa "Libros para sermos libres" da Deputación da Coruña co que se conmemora o Día do Libro. En total, serán 6.000 volumes cos que se completan os máis de 19.0000 que se destinaron a esta iniciativa que se desenvolveu ao longo dos tres anos na totalidade de concellos da Coruña.

Desta maneira, este 23 de abril, día en que se conmemora o Día do Libro, serán 29 os concellos en que se repartirán libros en distintas fórmulas nesta terceira conmemoración do programa en que se inclúen tamén as tres cidades, Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol.

O programa, preparouse nunha xuntanza en que participou persoal técnico e político das áreas de cultura dos concellos co obxectivo de organizar actos de animación á lectura con motivo da conmemoración. Neste sentido, os concellos optaron, maiormente, por organizar actos de reparto en espazos públicos moi visitados que van desde centros de saúde a mercados mais, fundamentalmente, escolleron as bibliotecas municipais para conmemorar a data.

"Queremos conmemorar o Día do Libro da man dos concellos, facendo un reparto de volumes que forman parte do fondo da Deputación da Coruña e que, desta maneira, chegan a lectoras e lectores de maneira directa nun día de festa", sinala a vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura e Normalización Lingüística, Goretti Sanmartín Rei.

Libros de poesía, teatro, narrativa, ensaio e investigación compoñen o fondo que a Deputación da Coruña saca do seu fondo para difundilo a través deste programa que inclúe, de maneira especial, algúns dos títulos premiados nas distintas convocatorias de premios da institución, dos Torrente Ballester de narrativa ao González Garcés de Poesía pasando polo Dieste de Teatro, o Castelao de Banda Deseñada ou o Manuel Munguía de ensaio.

Aranga, Ares, A Baña, Bergondo, Cabanas, Carballo, Carral, Cedeira, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Dodro, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Frades, Malpica, Mesía, Noia, Ordes, Outes, Oza-Cesuras, Paderne, San Sadurniño, Santiago, As Somozas, Tordoia, Vedra e Vilarmaior son os concellos que acollen esta terceira edición de "Libros para sermos libres".

Horas e lugares dos actos este día 23 nos concellos

ARANGA Ás 13,30 h no CEIP A Castellana
ARES De 9:30 A 13:30 h. e de 16:30 a 19:30 h. na Biblioteca Municipal
BERGONDO De 16 a 20 h. e de 10 a 13 h. na Biblioteca Pública Municipal CABANAS 11 h. no Departamento Cultural do Concello
CARBALLO Puntos Bookcrossing
CARRAL Todo o día na Biblioteca Municipal
CEDEIRA De 9 a 14:30 e de 17 a 20 h, na Biblioteca Municipal
CORISTANCO De 10 a 13 h. e de 16 a 19 h. na Biblioteca
A CORUÑA Nas Bibliotecas Municipais, no horario de apertura
CULLEREDO Ás 18 h. na Biblioteca González Garcés e na Axencia de
DODRO Ás 16:30 h. na Biblioteca Pública Municipal
DUMBRIA Ás 18 h. nas Bibliotecas e ás 11 h. no albergue e nos centros de Saúde.
FERROL A partir das 11 h. na Biblioteca Municipal
FISTERRA De 10 a 13:30 h. na Feira
FRADES Ás 17:30 h. no Edificio Multiusos
MALPICA De 16 a 20 h. na Biblioteca Educardo Blanco Amor
MESÍA Desde as 16 h até as 19 h. na Casa da Cultura
NOIA De 8 a 21 h. na Biblioteca
ORDES Todo o día na Biblioteca Municipal
OUTES Ás 18:30 h. na Biblioteca Municipal
OZA-CESURAS De 10 a 14 h. na entrada do Concello
SANTIAGO Ás 12 h. na Praza de Abastos
AS SOMOZAS Ás 12 h. no Colexio Público O Marbán
TORDOIA De 16 a 21 h. na Casa da Cultura
VEDRA De 9 a 15 e de 16 a 20 h. no salón de Plenos.
VILARMAIOR Ás 12:00 h, no CEIP de Torres e no Local Social e Deportivo de Torres.

Os concellos da Baña e Paderne realizarán os actos o día 26 de abril, o primeiro ás 20 horas na Casa da Cultura e o segundo ás 12 horas no Concello. Bergondo centra a iniciativa na Biblioteca Pública de 22 a 27 de abril e en San Sadurniño agardan para o día 28 na Feira da Plantación ás 11 horas.

0
Trackback URL for this blog entry.

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Friday, 13 December 2024