Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

O 180 aniversario do nacemento de Rosalía celébrase este mes cunha nova campaña para impulsar o .gal

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 14147
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
14147

Preséntase unha iniciativa que reduce durante febreiro o prezo do dominio .gal a só cinco euros.

Este 24 de febreiro, data na que se fan 180 anos do aniversario do nacemento da escritora máis insigne das Letras Galegas, Rosalía de Castro, celebrarase ao longo de todo o mes de febreiro cunha nova campaña promovida pola Asociación PuntoGal coa colaboración da Xunta de Galicia e mais da Fundación Rosalía de Castro. Terá por finalidade seguir impulsando o dominio .gal, desta volta cunha baixada importante no rexistro do devandito dominio e un custo de tan só cinco euros máis IVE que ofrecen os nove rexistradores acreditados que participan na promoción.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que participou hoxe á mañá no acto de presentación da iniciativa na sede da Fundación Rosalía de Castro en Padrón, animou a toda a cidadanía “a sumarse ao dominio .gal para contribuír a ampliar e reforzar a marca identitaria de Galicia no universo da internet e amosarlle ao mundo que as galegas e os galegos temos un compromiso sólido coa lingua e a cultura propias do noso país e coa súa proxección”.

Canda García Gómez participaron tamén Manuel González e Edita de Lorenzo, presidente e directora xeral da Asociación PuntoGal, respectivamente; e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

24 de febreiro, Día de Rosalía

Con motivo do 180º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, que se celebra cada 24 de febreiro, a Asociación PuntoGal, a Xunta de Galicia e a fundación que leva o seu nome únense para reivindicar a figura da autora. Así, durante todo o mes de febreiro o rexistro dun novo dominio .gal poderá facerse por un prezo moi reducido: desde 4,15 euros ata 5 euros máis IVE.

Os rexistradores acollidos a esta promoción son Dinahosting, Entorno Digital, Host Europe, Don Dominio, Nominalia, Arsys, CDMon, OVH.com e Openprovider. As persoas interesadas, ben poden dirixirse a eles para revisar as súas condicións, ben poden entrar en http://dominio.gal/promotion/promocion-rosalia-2/, onde atoparán toda a información e un resumo do ofertado polas diferentes empresas rexistradoras . A nova promoción estará aberta durante todo o mes de febreiro.

Para alén disto, PuntoGal porá en marcha nos vindeiros días unha campaña nos medios e nas redes sociais na que se representa a Rosalía cuns versos adaptados para a ocasión. A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia apoia esta iniciativa que favorece a extensión da lingua galega na internet.

0
URL de las referencias para esta entrada

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 22 Diciembre 2024