Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

26 COMPAÑÍAS GALEGAS PRODUCIRÁN OS SEUS NOVOS ESPECTÁCULOS CON SUBVENCIÓN DA AGADIC

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 11612
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
11612

A Axencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou hoxe a adxudicación de 600.000 euros ao abeiro da súa convocatoria de axudas

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar no seu web a adxudicación de 600.000 euros en axudas para a produción dun total de 26 espectáculos escénicos galegos de distintos formatos e estilos.

Esta convocatoria de subvencións á produción escénica, que mantén tanto a dotación como o número de propostas apoiadas respecto a 2014, resolveuse en réxime de concorrencia competitiva de acordo coas puntuacións obtidas por cada un dos proxectos tras a aplicación do baremo estipulado nas bases. Ademais, esta achega económica –distribuída entre as anualidades de 2015 e 2016– forma parte do programa xeral de axudas ás industrias culturais da Agadic que, no caso concreto da dinamización da escena galega, se completa coas convocatorias destinadas a distribución e promoción exterior, salas privadas, festivais e asociacionismo profesional.

Gran formato e nova creación

A través desta liña de apoio a novas montaxes, impulsarase a estrea de sete propostas de empresas de recente creación, nove espectáculos de pequeno formato, outros nove de mediano formato e un de gran formato. As contías outorgadas oscilan entre os 58.691 euros que percibirá Sarabela Teatro para a súa adaptación en gran formato (máis de sete intérpretes e un orzamento máximo de 80.000 euros) da novela ‘Ensaio sobre a cegueira’, de José Saramago, e os 8.801 euros adxudicados a Larraitz Urruzola Tolosa para a peza de monicreques ‘A viaxe de Rosalía’, subvencionada na categoría dirixida a empresas de recente creación, que sitúa o límite de antigüidade en cinco anos e o de orzamento en 20.000 euros.

Dentro desta mesma modalidade, cofinanciaranse outros seis espectáculos de novas compañías, como Aporía Escénica co infantil ‘Os reloxos preguiceiros de néboa’ (16.629 euros), Redrum Teatro con ‘Noiteboa’ (13.506 euros), Matrioshka Teatro co tamén infantil ‘As fillas de Manawee’ (11.260 euros), A Panadaría con ‘Panamericana’ (10.845 euros), ArtesaCía con ‘Zugunruhe’ (10.813 euros) e Antón Coucheiro con ‘Como un teléfono intelixente pode converterte nun idiota’ (10.173 euros).
Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE

 

 

En todos os casos se trata de propostas de compañías ou creadores galegos con data de estrea entre o 1 de abril de 2015 e o 31 de marzo de 2016

 

 

Mediano e pequeno formato

En canto á modalidade de mediano formato, para montaxes cun elenco de entre catro e sete intérpretes e que non superen os 60.000 euros de orzamento, as formacións adxudicatarias son: Producións Teatráis Excéntricas con ‘Jacques, o fatalista’ (39.853 euros), Chévere con ‘Eroski paraíso’ (35.687 euros), Talía Teatro con ‘Foucellas’ (35.667 euros), Títeres Cachirulo e Espello Cóncavo coa coprodución ‘Bala perdida’ (35.195 euros), Matarile Teatro con ‘Timeline’ (33.559 euros), Ibuprufeno Teatro con ‘Raclette’ (33.390 euros), Teatro do Noroeste con ‘Palabras malditas’ (28.892 euros), La Yogurtera con ‘Por amor á arte’ (27.638 euros) e Fantoches Baj con ‘Os vellos non deben namorarse’ en versión monicreques (27.389 euros).

Cofinanciaranse tamén outros nove espectáculos de pequeno formato, cun máximo de tres intérpretes en escena e 30.000 euros de orzamento. Trátase dos novos proxectos de teatro infantil de Elefante Elegante (‘A danza da chuvia’, 21.972 euros), Caramuxo Teatro (‘Pavillón lino’, 19.049), Berrobambán (‘Xudefet. Jour de Fête’, 18.593 euros), Viravolta Títeres (‘A maleta de don Attilio, 18.311 euros), Baobab Teatro (‘O lobo e a lúa’, 16.659 euros) e Teatro del Andamio (‘Cincenta’, 14.672 euros), ademais das montaxes para público adulto de Voadora (‘Calypso’, 21.162 euros), Ningures Produción (‘Unhas poucas picadelas’, 15.884 euros) e O Retrete de Dorian Gray (‘In memoriam’, 15.679 euros).

O obxectivo destas subvencións, ás que se presentaron un total de 50 solicitudes, é fomentar a presenza nos escenarios de novos espectáculos escénicos, estreados por compañías profesionais galegas entre o 1 de abril de 2015 e o 31 de marzo de 2016. Deste xeito, a Axencia Galega das Industrias Culturais asume parte dos custos xerados durante a fase previa á estrea das propostas, apoio que non poderá superar o 85% do orzamento total da produción no caso das montaxes subvencionadas na modalidade de empresas de nova creación, nin o 75%, no das tres categorías restantes.

0
URL de las referencias para esta entrada

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Jueves, 21 Noviembre 2024