Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Un coloquio sobre a figura de 'Foucellas' na semana de representacións do último espectáculo de Talía no Salón Teatro

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 4098
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
4098

Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo interpretan a historia do famoso maquis galego, que poderá verse na sede do Centro Dramático Galego do xoves 12 ao domingo 15.

A compañía Talía Teatro chega esta semana ao Salón Teatro co seu último espectáculo, ‘Foucellas’, que poderá verse en Santiago do xoves 12 ao domingo 15. Como actividade complementaria a estas representacións, a sede do Centro Dramático Galego (CDG) acollerá mañá martes, ás 20.30 h, un coloquio arredor do famoso maquis galego.

Foucellas, do mito á ficción’ é o título desta mesa redonda, na que participarán Cándido Pazó, autor e director da montaxe de Talía; Inma López Silva, escritora e crítica teatral; e Luis Lamela, historiador e autor do libro ‘Foucellas. El riguroso relato de la lucha antifranquista (1936-1952)’, publicado en 1992 por Edicións do Castro.

 
Catro funcións
O público terá así a oportunidade de se achegar á figura de Foucellas antes da posta en escena en Santiago do espectáculo homónimo, para o que Talía Teatro contou co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da convocatoria 2015 de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) á produción escénica. En Compostela, desenvolveranse un total de catro funcións: do xoves ao sábado, ás 20.30 horas, e o domingo, ás 18.00 horas.
 
Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo dan vida á historia do coñecido maquis, na que ficción, mito e realidade se mesturan para nos propoñer unha reflexión sobre ese momento histórico. Tal e como explica a compañía, abórdase ademais “o pulso metafórico sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza e a administración da derrota”.
 
Dani Trillo asina tamén a escenografía e o deseño gráfico, mentres que Artur Trillo se encarga da distribución desta proposta, na que participan, así mesmo, Afonso Castro (iluminación), Martina Cambeiro (vestiario e maquillaxe), Manuel Riveiro (música), Auri Ferreiro (produción), Rubén Prieto (fotografía e vídeo) e Belén Pichel (axudante de dirección).
 
 
Venda de entradas
As entradas para asistir a estas catro funcións no Salón Teatro están xa á venda a través da web entradas.abanca.com e tamén se poderán mercar no despacho de billetes do Salón Teatro a partir do xoves desde dúas horas antes do comezo das representacións. O prezo é de 10 euros de xoves a sábado (cos descontos habituais) e de 5 euros o domingo, Día do Espectador.

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Venres, 26 Abril 2024