Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Carlos Blanco: "O único xeito de que a nosa cultura sobreviva é se ten independencia económica"

por en Entrevistas
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 4283
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
4283

Entrevistamos ao gran Carlos Blanco, artista en toda a definición da palabra, actualmente inmerso en diversos proxectos.

Carlos Blanco Vila, nado en Vilagarcía de Arousa, é un actor e humorista, autor e director de ampla traxectoria. Traballou en filmes como “Heroina” de Gerardo Herrero, “Sé quien eres” de Patricia Ferreira ou “Cargo” de Clive Gordon. Tivo un pequeno papel en “VOLVER” de Pedro Almodóvar, entre outros traballos cinematográficos.

En Televisión, múltiples series, protagonista de “Una bala para el rey” dirigida por Pablo Barrera para Antena 3, co-protagonizóu a histórica serie “Mareas vivas” producida por Antón Reixa para TVG, e traballóu noutras series como “Lobos”, “Os atlánticos”, “El comisario”, “Hospital Central”… Tamén ten presentado múltiples programas e galas na TVG.

Traballóu na radio máis de 15 anos. En Radio Galicia (SER), Ondas Galicia e a Radio Galega.

Como autor e director é o creador de múltiples espectáculos como “Directamente Paco I e II”, “Humor Neghro” (Colaborando co músico guineense Manecas Costa), Dillei, Ordem e progreso, iLalelo! (Colaborando co músico Budiño) ou Menú do Día, actualmente en cartel, baténdo records de asistencia de público en Galicia, un espectáculo feito en colaboración co debuxante Luis Davila.b2ap3_thumbnail_Foto2_CarlosBlanco.jpg

A súa labor profesional foi amplamente premiada nas diversas facetas artísticas, con premios como o Premio Mestre Mateo ao mellor actor secundario por “Heroina”, Premio de interpretación masculina no Festival de Cans (O Porriño) ou Premio Galicia de Xornalismo polo seu traballo no programa “Galicia en Goles”.

Velaí a entrevista que lle fixemos:

 

1. Defínete en dúas palabras.

Vou vello

 

2. ¿En que escenario se atopa Carlos Blanco máis cómodo? ¿Facendo teatro, cine, televisión, radio ...?

No sofá da miña casa, sen dúbida. Pero en verdade, e fora de bromas, ou entre bromas, son moi feliz actuando, sería dificil describir a sensación de ter ao público disfrutando, rindo comigo. Gústame rodar e logo poder ver o traballo, teño gañas de facelo de novo por máis que rodar é duro, madrugóns, estudar... pero ten algo especial cando din “acción!” e todo comeza. A tele quizáis é máis estresante. A radio é marabillosa. Volverei a ella se podo algún dia.

 

3. ¿Nos teus monólogos fas de espello da retranca do noso Pobo?

Non sei, a verdade. Utilizo moito material de recolleita, frases de avóas, moito material que me achegan. Supoño que si, que pode ser un espello da retranca que levamos no noso ADN como galegos.
Pode ser.

 

4. Cóntanos cal foi a actuación que lembras con máis agarimo.

Uf, qué difícil pregunta. Quizáis a primeira da que teño memoria, con 5 ou 6 anos nun festival parroquial en Vilagarcía. Ou da última que fixen esta mesma semana. No Jofre de Ferrol. Ou a da praza da Quintana en Santiago o pasado verán. Ver a 6.000 peroas aplaudir postas de pé inda me arrepía a dia de hoxe. Pel de galiña. Palabra.

 

5. E dentro da túa faceta como actor, ¿de que personaxe te sintes máis satisfeito?

Non sei, pode que Ladislao fose o personaxe máis elaborado que fixen, o que máis matices tiña, puiden desenvolvelo ao longo de tres anos inesquecibles e supuxo moitísimo para min. Sempre lle agradecerei a Antón Reixa aquel bombón que me regalóu.

 

6. Menú do Día, xunto a Luis Davila, está a bater récords en taquilla, ¿cal é a receita?

Penso que non defraudar as expectativas coas que o público entra nos teatros. Veñen por una boa ración de risas e tentamos que saian a gusto.

Hai una frase que me din moitas veces e que me deixa especialmente satisfeito. Dínme “Facía moito tempo que non ría tanto”. Cando ma din, pensó que fixen ben o meu traballo. A maiores pensó que os nosos MENÚS teñen una cobertura visual que complementa dun xeito perfecto o meu traballo como monologuista. Traballar cun talento como Davíla é una honra enorme. Pero ademáis é que somos un equipo de 7 persoas no espectáculo e somos amigos, pasámolo ben de verdade, curramos duro pero paga a pena.

 

7. ¿Cómo ves a situación da cultura galega en xeral?

Imposible contestar esta pregunta en tan pouco espazo. Por outra banda vivo bastante á marxe de todo. Se cadra meu fillo Lois podería contestarcha mellor, él está máis ao día ca min de todo.

 

8. ¿Que pensas que debemos facer a xente da rúa a cotío para promover a nosa cultura?

Ir aos espectáculos, aos concertos, ás películas e ás exposicións.

Ser exixentes, obrigarnos a mellorar, a procurar a excelencia.

Perder complexos, afacernos a pagar por ver. Se pagamos un café ou una cervexa temos que entender que hai que pagar tamén polos feitos culturais. A única maneira, o único xeito de que a nosa cultura sobreviva é se ten independencia económica, se nos permite exercer a nosa profesión e vivir dignamente dela.

 

9. ¿A cultura galega en xeral, recibe moitos premios internacionais. ¿Somos máis valoradas fóra?

Non sei. Sei que os actores galegos, os pintores, os músicos ou os cineastas están moi ben valorados por aí adiante. Cónstame. O de Galicia Calidade foi moito máis ca un bó eslogan. Onte mesmo falábanme dunha rapaza galega que está a trunfar como escenógrafa en Londres, ou o mozo que ven de gañar un Oscar pola súa música para una película. Os dous viven en Londres neste momento. Algo moi sintomático da situación que nos toca vivir.b2ap3_thumbnail_MG_7057.jpg

 

10. ¿Cal é o próximo proxecto de Carlos Branco? ¿En que andas a traballar?

Sempre teño varias cousas por facer. Preciso ter sempre proxectos. Un novo espectáculo que probablemente se titule AMODO (take a walk on the White side). Unha serie para TV na que agardo participar esta primavera. E sobre todo seguir actuando, teño compromisos para boa parte deste 2017 asi que….non me podo queixar.


COLLEITA PROPIA: Dúas frases para decir o que che pete ;)

Agardo disfrutarades das respostas, feitas en pleno proceso gripal nestes días frios de inverno pero mirando o mar da Ria de Arousa, na Illa na que vivo e son feliz. Grazas pola atención. SAÚDE!.

 

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Domingo, 21 Outubro 2018