Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta
Suscribirse a esta lista por medio de RSS. Ver entradas etiquetadas Culturgal
3786

Presentouse en Pontevedra a edición que terá lugar do 2 ao 4 de decembro no Pazo da Cultura para dar conta tanto das manifestacións artísticas que conforman o panorama cultural galego como dos novos xeitos de traballar neste ámbito

A organización de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, fixo pública hoxe a programación da súa novena edición, que terá lugar no Pazo de Cultura de Pontevedra os días 2, 3 e 4 de decembro. Serán máis de 120 actividades, tanto profesionais como para o público xeral, a través das que se buscará dar conta do dinamismo deste sector en Galicia, así como dos novos xeitos de traballo en comunidade en diferentes ámbitos artísticos.

Continuar leyendo
0
Etiquetado en: Culturgal Programación 2016
3837

A Axencia Galega das Industrias Culturais recibiu 52 propostas de libros para levar ás pantallas, que foron estudados por analistas de guión cara á organización de xuntanzas entre compañías con intereses comúns.

Os representantes de 27 empresas galegas dos sectores audiovisual e editorial daranse cita o vindeiro domingo 6 de decembro en Pontevedra, no marco de Culturgal, para participar na última fase do programa ‘Firma e filme’. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou para esa xornada máis de 50 reunións un a un entre compañías con intereses comúns na procura de novos proxectos de adaptación audiovisual de obras literarias galegas.

Continuar leyendo
0
3802

Cinema, escena e lectura, protagonistas do stand de Cultura no Culturgal 2015.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, participaron hoxe no acto de presentación da oitava edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia que se celebrará en Pontevedra os vindeiros 4, 5 e 6 de decembro co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O representante do departamento de Cultura da Xunta –que estivo acompañado polo presidente de Culturgal, Manuel Bragado; polo director da Feira, Xosé Aldea; polo deputado provincial de Cultura, Xosé Leal; e pola concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro– definiu esta feira como “un auténtico motor cultural” que se consolida ano tras ano, así como “un escaparate da nosa identidade”.

Continuar leyendo
0
4108
A organización deseñou unha nova distribución do recinto feiral para mellorar a experiencia dos creadores e do público que se darán cita no Pazo de Cultura de Pontevedra do 4 ao 6 de decembro A organización de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, adiantou hoxe as que serán as liñas mestras e a imaxe gráfica da súa edición de 2015, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra do 4 ao 6 de decembro coa palabra como protagonista do seu programa de actividades. Así mesmo, deseñouse unha nova distribución dos espazos e dos expositores co obxectivo de mellorar a experiencia...
Continuar leyendo
0
Etiquetado en: 2015 Culturgal
8595
Tes algunha proposta que queras desenvolver no Culturgal 2015? A partir do 16 de xuño ábrese convocatoria dirixida a empresas, persoas, asociacións e outras entidades, que poderán presentar proxectos empresariais ou creativos de calquera disciplina ou sector das industrias culturais, sempre e cando teñan participación galega. Aquelas propostas seleccionadas pasarán a formar parte do programa da Feira, obtendo visibilidade e difusión entre profesionais, programadores, líderes de opinión e público xeral. Entre os criterios de selección primaranse os proxectos a estrear na Feira ou aqueles cuxo desenvolvemento estea en marcha, as iniciativas que impliquen colaboración entre empresas do mesmo ou diferente sector...
Continuar leyendo
0
Etiquetado en: 2015 Culturgal
4264
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achega 50.000 euros para a celebración da próxima edición de Culturgal, que terá lugar en Pontevedra do 4 ao 6 de decembro O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o presidente da Asociación Culturgal, Manuel Bragado, asinaron hoxe na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, un convenio de colaboración polo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achega 50.000 euros para a realización conxunta de actividades enmarcadas na vindeira oitava edición da Feira das As dúas entidades asumen deste xeito o compromiso para...
Continuar leyendo
0
Etiquetado en: Agadic Convenio Culturgal