Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

A AGADIC E CULTURGAL ASINAN UN CONVENIO NA 8ª FEIRA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 4864
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
4864

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achega 50.000 euros para a celebración da próxima edición de Culturgal, que terá lugar en Pontevedra do 4 ao 6 de decembro

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o presidente da Asociación Culturgal, Manuel Bragado, asinaron hoxe na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, un convenio de colaboración polo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achega 50.000 euros para a realización conxunta de actividades enmarcadas na vindeira oitava edición da Feira das As dúas entidades asumen deste xeito o compromiso para o establecemento de iniciativas que reforcen a acción cultural que se desenvolve en Galicia, conxugando o encontro profesional coa presentación, promoción e venda de bens e servizos culturais, atendendo así ao fomento da demanda de produtos culturais na sociedade galega.

Neste sentido, a organización de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, favorece a creación dun espazo onde as industrias culturais e creativas galegas poden presentar, difundir e vender os seus produtos e actividades co obxectivo da súa propia dinamización a través da cooperación e o apoio entre elas, ao tempo que se preservan e difunden a lingua e a cultura galegas nos eidos do libro, da creación audiovisual, das artes escénicas, da música, do deseño, da Internet e das novas tecnoloxías.

O obxecto concreto do convenio é o desenvolvemento de actividades culturais e profesionais no marco de Culturgal 2015, que terá lugar en Pontevedra do 4 ao 6 de decembro, mediante unha programación que contempla actuacións en directo de música e artes escénicas, presentación de produtos, proxectos e servizos, proxeccións audiovisuais, encontros entre profesionais e creadores e entre estes e o público asistente, ademais de debates, foros de opinión e obradoiros.

No documento asinado hoxe recoñécese, ademais, a Culturgal como o encontro galego de referencia para todos os axentes do sector cultural e como un espazo que, vertebrado sobre tres eixos (recinto feiral, foro e encontro profesional), posibilita intercambiar experiencias e idear novos proxectos de colaboración entre as industrias creativas galegas e con disciplinas doutros territorios.

0
Etiquetado en: Agadic Convenio Culturgal

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Martes, 24 Diciembre 2024