Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Exposición Granxa Agrícola de Monelos (1888 – 1964)

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 4810
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
4810

A Exposición que xira arredor da traxectoria desta imprescindíbel granxa agrícola, ten lugar do 7 ao 14 de novembro no Forum Metropolitano da Coruña.

Moito antes de que o cemento e a especulación urbanística se fixeran con prácticamente todo o espazo da contorna coruñesa, existiu unha singular instalación con varios edificios e un terreo que abranguía unha superficie equivalente a quince campos de fútbol no que é hoxe a principal entrada da cidade, arredor da Avenida de A Vedra, era a Granxa Agrícola de Monelos.

Inaugurouse no 1888 e foi singular e pioneria en moitos ámbitos, foi un foco de ciencia básica e aplicada, foi centro de dinamización social e sensibilización ambiental e foco de divulgación científica. Mais se por algo debemos darlle recoñecemento á Granxa, ademáis do xa exposto, é polo traballo que levou a cabo no relativo ao gando vacún, pois a ela e aos seus técnicos debémoslle a creación da nosa raza rubia galega que foi o resultado dos concursos de gando realizados en varios puntos do país. A sona desta raza pervive como xa sabemos até os nosos días.

A Granxa Agrícola de Monelos apostou, asemade, pola divulgación dos coñecementos e comezou a funcionar como escola no ano 1907, formando os “obreiros-alumnos” que traballaban nela en labores de cultivo, manexo de maquinaria, emprego de adubos e selección de sementes. Con este obxetivo comezouse a imprimir o Boletín de la Granja Experimental, que saiu co seu primeiro número en xullo do 1899 cun contido divulgativo e de asesoramento práctico para labregos e gandeiros.

O golpe de Estado do 36, máis unha vez, foi un punto de inflexión no crecemento e freou a evolución e o normal funcionamento das instalacións por mor da desfeita que ísto supuxo para o entramado institucional da innovación que se viña articulando na Galiza desde os primeiros anos do século pasado.

A exposición está organizada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e a Asociacion Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros e se pode visitar no Forum Metropolitano da Coruña até o luns 14 cando será clausurada polo exdirector dos Museos Ciéntificos, Xosé Antón Fraga.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Viernes, 19 Abril 2024