Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

CAXADE: "Considero necesaria a implicación política, social, educativa... de todas as persoas, de toda a sociedade"

por en Visiones
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 6976
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
6976

Entrevistamos a Alonso Caxade, un dos grandes referentes musicais do indie-folk galego dende hai xa uns anos, recentemente galardoado co Premio Martin Codax da música.

Caxade é Alonso Caxade. Respeitado músico galego, acordeonista en Pel de Noz, Cuarteto Caramuxo e Cabraret, ademáis de bombardinista na Orquestra Os Modernos. A traxectoria é impecable. Xa en Pel de Noz recuperaba pezas de música galega para acordeón, violín e contrabaixo, a faceta máis divertida foi Cabraret onde cun acordeón e o contrabaixo de Alberte Rodríguez acompañaban á voz de Iria Pinheiro nun extraño cabaret galego onde cada un tiña un personaxe peculiar. E na orquestra Os Modernos, Alonxo Caxade formaba parte de unha banda de principios de século, sen amplificar, todo instrumentos acústicos, e percorrendo festas galegas facendo competencia ás grandes máquinas festivas do camión escenario…e gañando a batalla.

O seu é unha renovación da música galega máis popular, rescatando a música de principio do século vinte e dándolle unha nova interpretación contemporánea. É dicir, que tocan o bombardino ó ritmo do IPad. Ou o seu novo invento de facerse acompañar pola Banda de Música de Bandeira.

O seu proxecto musical de indie-folk, Caxade, comezou no ano 2012. Os seus traballos están editados no selo cooperativo Discos da máquina.b2ap3_thumbnail_Imaxe_1_CAXADE.png

Naceu como un proxecto audiovisual a través da publicación das publicacións das videocreacións "Dança dos Moscas", “Gente Pota” e “Sr. Xorda” con Javier Antelo Seoane, Iria Pinheiro e Tania Ameneiro. En 2013 publicou A dança das moscas con Manu Paino (trompeta e carillón), Manu Espinho (bombardino), Xosé Tunhas (batería) e o propio Alonso Caxade (voz e acordeón).

Foi nomeado aos Premios Mestre Mateo, foi considerado Mellor Artista 2013 nos XIII Premios Opinión e gañou o Certame Música Xove.

En decembro de 2014 Caxade presentou o seu novo proxecto coa Banda de Música da Bandeira no Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra, interpretando o seu disco A Dança dos Moscas cunha orquestración de Manu Paino. Un ano despois, en decembro de 2015, tamén no Culturgal presentan o CD-DVD A Dança dos Moscas Ao Vivo gravado coa Banda de Música da Bandeira.

Tamén en decembro de 2015 participou no festival Suns Europe en Udine representando a Galiza coa canción "Gente Pota".

Veñen de publicar o que é, ata esta data, o seu último álbume 'E Isto é o Amor', grabado e mixturado por Tomás Ageitos no estudo A Ponte (Compostela, Galicia)

Aqui vos deixamos a entrevista que lle fixemos:

 

1. Defínete en dúas palabras.

Afiador e aprendiz.

 

2. ¿En qué faceta da súa vida artística se atopa Alonso Caxade máis cómodo?, ¿Como músico, como cantante ou como compositor?

Como músico que compón as súas cancións. O de cantar foi algo fortuito que sentín que debía facer para poñer na miña boca as pezas propias. Compoñer música é un exercicio “zen” que culmina levando as músicas á práctica: ao disco e ao escenario.

 

3. ¿Como definiríades o voso estilo musical?, ¿Folk, indie ...?

Síntome cómodo en ambos. Veño da música folk, aínda que sempre me interesou máis a parte da canción protesta que a música “celta”. Non me molesta tampouco a etiqueta de indie porque fago música independente, sen deberme a nada máis que a propia necesidade de compoñer e tocar co grupo que escollín, e tamén porque en Galiza non hai industria musical.

 

4. ¿Como xurde o proxecto CAXADE? Cales son as influencias musicais que vos levaron a crear un estilo coma o voso, tan particular?

Xorde da necesidade de seguir aprendendo. Quería ter a experiencia de saber o que significa liderar un proxecto e tiña músicas na cabeza e no caderno que non encaixaban noutros grupos nos que estaba (ou estou). As influencias son moitas e variadas, a maioría delas (aínda que queiramos) non as podemos controlar, pero gustaríame estar influenciado pola música das bandas de música e as orquestra de comezos do século XX, facendo unha revisión desde a contemporaneidade.

 

5. ¿O anterior traballo tivo o éxito que agadabades ou superou as expectativas?. ¿Que supón para vós o novo disco “E ísto é o amor”?

Superou as espectativas, e moito. Tampouco era difícil poque a espectativa estaba polo chan. Cando fixen o primeiro vídeo non sabía se habería outro. Cando levaba tres non sabía se habería un grupo que me arroupase. Cando nos subimos por primeira vez ao escenario non sabía se habería un disco... Máis de 100 concertos despois é unha marabilla ver como o público arroupa este proxecto de caracois.

 

6. ¿Cal é o día a día de Alonso Caxade?

O meu día a día está máis centrado na outra das míñas paixóns: adicarme á docencia.

 

7. Nas vosas letras non pasa desapercibida a crítica política. ¿Consideras necesaria a implicación político-social da xente do mundo da cultura?

Considero necesaria a implicación política, social, educativa... de todas as persoas, de toda a sociedade, máis alá da cultura. Isto non significa que non se poida facer música divertiva, irónica ou naif.

 

8. ¿Cómo ves a situación da cultura galega en xeral?

A situación da cultura galega é marabillosa. Somos creadores de grandes proxectos e hai xente especializada e que fai moi ben o seu traballo en diversos sectores. Só falta apoio, promoción e anular as pantasmas da subvencións (esas que non teñen os da banca ou as empresas automobilisticas, por exemplo).

 

9. Vivir da música en galego, ¿quimera ou realidade?

A música abrangue moitas partes (a docencia, a producción, management, distribución, composición, os concertos...) e moitos estilos. Vivir de dar concertos cun grupo é máis quimera, en xeral.

 

10. ¿Que sentiches ao recibir o Premio Martín Códax da Música 2016 polo teu traballo musical?

Un alegría inmensa. Este proxecto, igual que outros moitos, é froito do traballo, de quitarlle horas ao sono e á familia. Ver o recoñecemento dos compañeiros/as músicos (igual que o recoñecemento da xente despois dun concerto, ou cando escoita o disco) fai que todo teña máis sentido e que pague a pena.

 

COLLEITA PROPIA: Dúas frases para decir o que che pete ;)

Somos e seremos unha terra de artistas, moita forza para toda a xente que está tirando da cultura neste país!

 

Caxade O mercado Street Food - GENTE POTA, Lugo (Xullo 2016).

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Martes, 24 Diciembre 2024