Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

Presentación do documentario comunal "Entrar aos Vilares"

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 3938
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
3938

ENTRAR AOS VILARES, o documentario comunal, dirixido por Cibrán Tenreiro, foi presentado o 2 de Decembro na Coruña no local de Maquinaria Pesada.

Tres rapaces da primeira xeneración non nacida na.aldea, reciben o encargo de facer un documental sobre a parroquia de nacemento de Díaz Castro, Os Vilares, sen ter coñecemento da mesma. Entrar aos Vilares e ir descubrindo a parroquia a través de veciños, que se convirten en protagonistas e narradores do audiovisual e as reflexións da man dos rapaces, plantexan un documento novidoso, tanto por non ter guión pre establecido como por fuxir de técnicas ao uso na gravación, sendo esta informal, viva e divertida.

Os tres mozos entran á parroquia situada en Guitiriz a cal descoñecen,  co encargo de realizar un documental sobre ela. Entón:

1) Preguntan aos veciños tentando comprender a identidade do lugar seguindo unha cita de Charles Seignobos que leron na universidade: “Lamento non ter podido tratar máis que dunha maneira moi incompleta os feitos da vida cotiá, alimentación, vestido, habitación, usos de familia, dereito privado, diversións, relacións de sociedade, que constituíron o principal interese da vida para a enorme maioría de individuos”.

2) Tentan vincular o que aprenden á súa propia identidade e ás súas propias experiencias, sendo da primeira xeración das súas familias que non naceu na aldea. E cuestionan o resultado: non queren dar outra visión nostálxica do rural pero non teñen claro se o conseguen.

3) Pasean por leiras e casas abandonadas, xogan, distraense mirando aos animais e desvíanse das súas propias intencións como se estiveran facendo un vídeo doméstico.

#Entraraosvilares

GALERIA DE IMAXES

.

.

ENTRAR AOS VILARES, o documentario comunal.

 

Ficha técnica.
TÍTULO
Entrar aos Vilares

DURACIÓN: 54 minutos.

DIRECCIÓN/REALIZACIÓN:
-Cibrán Tenreiro, Director.
-Toni González, Cámara.
-Xacobe González, Son.

PRODUCCIÓN:
Os Vilares, lareira de soños. www.dosvilares.com

PARTICIPARON:
-María e Pepe de Visita.
-Carme, Amparo, Carmiña e Maria José da Rechena.
-Jaime de Gaiteiro e Lucita do Cando.
-Sara de Camilo.
-Suso de Vicentiño.
-Avelina do Laxoso.
-Luís de Fabete.
-Ramiro do Merendeiro.
-Luís de Patricio.
-Oliva e Pepe de Cristos.
-Jaki, Joserra e Xacobe Sánchez.
-Alicia e Avelina do Cabezolo.
-Luís de Farruquete.
-Segundo Pérez.
-Antón de Guizán.
-Pas Veres.
-Cibrán Tenreiro.
-Xacobe González.
-Toni González.
-Veciños e veciñas dos Vilares.

MÚSICAS:
-Fuxan Os Ventos. «Romance de Pedro Trapeiro». Letra de Marica Campo.
-Montaña Muerte.
«Russian Space Program»
«Whirlwind Driven»
«Iris»
«Into The Divine Bossom»
«The Gems»
Do album «The Gems of the human sould»
montemuerte.bandcamp.com

AGRADECEMENTOS:
-Veciños e veciñas dos Vilares.
-Asociacion Sociocultural Lareira de soños.
www.facebook.com/osvilares
-Oscar, Cura dos Vilares.
-Alfredo Iglesias.
-Mar Beres.
-Antón de Guizán.
-Pastora Veres.
-Mikel Fuentes, Jairo Iglesias e Sara Horta (Pixel Films).
-Fuxan os Ventos.
-Leo Sousa
http://leosousa.com
-Gael Carballo.
-Reyes Abad.
-Pixel Films.
www.pixelfilms.es
-Dalleqlibras SL.
www.dalleqlibras.co
-HT Producciones.
www.htproducciones.com
-GADIS.
www.gadis.es
-Secretaría Xeral de politica lingüistica da Xunta de Galicia.
-Concello de Guitiriz.
www.concellodeguitiriz.com
-Deputación Provincial de Lugo.
www.deputaciondelugo.org

Deseño do Cartaz:  leo sousa

TEASER


 

 

0
Trackback URL for this blog entry.

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Tuesday, 16 July 2019