Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

CULTURGAL 2016 – Pazo da Cultura, Pontevedra (2, 3 e 4 dec)

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 4250
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
4250

Visitamos o CULTURGAL - CULTURA GALEGA EN COMUNIDADE, que tivo lugar do 2 ao 4 de Decembro en Pontevedra.

 

Esta fin de semana ven de se celebrar a IX edición do Culturgal, Feira das Industrias Culturais, baixo o lema “Cultura, comunidade e futuro”. Máis de 80 entidades expositoras e máis de 120 empresas déronse cita como cada ano no Pazo da Cultura de Pontevedra representando aos diversos e prolíficos sectores da cultura galega.

O Culturgal está organizado por unha entidade sen ánimo de lucro como é a Asociación Culturgal e finánciase con achegas institucionais e privadas. Patrocinan Agadic-Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Ministerio de Educación, Cultura e Deportes e, pola parte privada, as empresas e entidades que contratan stand e os milleiros de persoas que visitan o Pazo de Cultura.

Perante os tres días que durou a Feira púidose constatar a boa saúde da que goza a cultura e a creatividade galegas, e tamén o incuestionábel interese que esperta entre o público. Segundo a organización, máis de 15.000 persoas percorreron o recinto, un número moi similar ao do ano pasado.

Consolídase así un proxecto que naceu para a promoción da cultura galega en todos os seus ámbitos: música, artes escénicas, literatura, cine, artes plásticas, artesanía, xestión cultural, internet e novas tecnoloxías, etc... e facelo punto de encontro co público que é, ao final, cara quen van dirixidos todos os esforzos.

No Culturgal os e as protagonistas son toda a xente que sente interés e curiosidade polo que se fai aquí, en Galiza, e que quere ser partícipe e parte importante de que esta industria se manteña viva e medre ano a ano. En definitiva, e en palabras do seu presidente: “construír comunidade e futuro para a nosa cultura”.

GALERÍA DE IMAXES DO CULTURGAL 2016

 

 

0
Trackback URL for this blog entry.

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Tuesday, 16 July 2019