Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

O Festival de Cine Euroárabe Amal ofrecerá 10 documentais e películas de ficción

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 90316
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
90316

A décimo terceira edición celebrarase en Santiago de Compostela entre o 26 e o 31 de outubro.

A décimo terceira edición do festival de Cine Euroárabe Amal celebrarase en Santiago entre o 26 e o 31 de outubro. A implicación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nesta cita ratifica a aposta que o Goberno galego está a facer por enriquecer a oferta cultural da que goza a cidadanía, ao tempo que supón contribuír ao establecemento dunha programación estable e de calidade nas salas galegas, neste caso no Teatro Principal, en Compostela. Neste sentido cómpre sinalar que, máis aló da programación deste mes, a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas –organizadora do festival– colabora ao longo do ano con diversas entidades para programar ciclos de cinema en diversos concellos de Galicia.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na presentación da programación da edición 2015 do festival, acto no que destacou AMAL como “un dos festivais audiovisuais de referencia” e un escaparate das producións árabes en Galicia, España e Europa. Tamén puxo en valor a proxección de traballos que non teñen cabida no circuíto comercial de Galicia, así como a reflexión que ofrece sobre as diversas realidades sociais dos territorios. En referencia á programación deste ano, asegurou que a calidade das 10 documentais e películas de ficción e que ofrece AMAL constitúen o mellor reclamo para os espectadores.

Na rolda de prensa desta mañá participaron, ademais do secretario xeral de Cultura, o presidente da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, o director do Festival Internacional de Cine Euroárabe AMAL, Ghaleb Jaber Martínez, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Dez proxeccións e un ciclo na TVG
Do 26 ao 31 de outubro o Amal15 ofrecerá 10 proxeccións no Teatro Principal de Santiago, entre as que se inclúen tanto de fitas de ficción como de documentais. No marco deste último xénero, na sesión inaugural do ciclo estrearase ‘Colonos e Pombas’, dos xornalistas galegos Marga Pazos e Alfonso Caneiro, que amosa o periplo diario de nenos palestinos para chegar á escola.

Así mesmo, proxectaranse os filmes ‘Ghadi’, ‘Syria Self-Portrait’, ‘Theeb’, ‘Azucre aparte’, ‘Giraffada’, ‘Os cabalos de Deus’, ‘Atlantic’, e ‘Villa Touma’. A semana oficial pecharase cun gran clásico do cinema, ‘Lawrende de Arabia’.

Os pases serán ás 20 e ás 22 horas, e terán un prezo de 2 euros. A recadación destinarase ás familias de refuxiados sirios que sexan acollidos na capital galega.

A maiores das películas que se proxecten no Principal, emitirase un ciclo de cinema árabe na TVG nos vindeiros meses, ao abeiro do apoio da cadea de televisión pública galega ao festival. Ademais de co da Xunta e o da TVG, o festival conta co apoio do Concello de Santiago e co patrocinio de CTV Producións Audiovisuais, Hotel Eurostars Araguaney e restaurante Caney e da Cadena SER.

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Friday, 19 April 2024