Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

AS TRES REDES DE ESPECTÁCULOS DA AGADIC SUMAN UN INVESTIMENTO DE 1,4 MILLÓNS

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 3902
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
3902

Os circuítos galegos de teatros e auditorios, de música ao vivo e de salas inician hoxe o segundo semestre de programación, durante o que ofrecerán un total de 402 funcións escénicas e musicais en 44 municipios

Os tres circuítos de distribución profesional de espectáculos da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) –Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Música ao Vivo e Rede Galega de Salas– ofrecerán durante 2015 un total de 828 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo. Esta carteleira anual, que hoxe abre o seu segundo período de programación, conta cun orzamento total de 1.411.452 euros, achegado por este departamento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto coas entidades públicas e privadas que xestionan os 75 espazos asociados en 48 concellos de toda Galicia.

Estas cifras supoñen un incremento dun 3,6 por cento nos niveis de investimento e contratación das tres redes respecto ao ano pasado, ao tempo que confirman o seu papel como unha das principais vías de apoio aos sectores escénico e musical en Galicia. De feito, as súas programacións conforman a máis ampla e estable canle para a distribución dos espectáculos producidos de xeito profesional na nosa Comunidade.

0
Tagged in: 2015 Agadic Investimento

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Saturday, 20 April 2024