Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

A Deputación da Coruña financia obras de reforma na Casa de Rosalía en Padrón

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 2701
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
2701

A institución provincial destinará 33.000 euros para reformar e musealizar o sobrado do inmoble e incorporar novas tecnoloxías audiovisuais que permitan ao visitante coñecer mellor a historia da poeta padronesa

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o deputado responsable da área de Promoción Económica, José Luis García, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, participaron esta mañá na sede da institución provincial no acto de sinatura do convenio polo que a Deputación se compromete no apoio á Casa Museo Rosalía de Castro para a remodelación do sobrado do inmoble padronés tanto no nivel museolóxico como museográfico, co fin de dar maior difusión á obra de Rosalía.

O orzamento do proxecto ascende a 41.414,67€, dos que a Deputación achegará 33.131,74€, un 80% do total. A remodelación incluirá a realización de moblaxe expositiva, instalación e montaxe de pezas, a realización de tres pezas audiovisuais e os aparellos para a reprodución.

O obxectivo, segundo explicou Angueira, é continuar as obras de reforma realizadas na planta baixa do inmoble con axudas da institución provincial, musealizar o sobrado, ampliando o espazo expositivo e incorporar novas tecnoloxías audiovisuais como audioguías que permitan ao visitante achegarse máis ao persoaxe de Rosalía de Castro.

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Saturday, 18 November 2017