Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

A Vicepresidenta da Deputación da Coruña parabeniza a Cántigas da Terra no seu centenario

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 9237
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
9237

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, visitou a sede de Cántigas da Terra e destacou o importante papel de promoción cultural desenvolvido nos seus cen anos de historia.

Na súa visita á sede de Cántigas da Terra, a responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, comprometeuse a apoiar a celebración do centenario de Cántigas da Terra, coro fundado na Coruña en 1916, o mesmo ano do nacemento na cidade das Irmandades da Fala con que mantiña estreitas relacións.

O presidente de Cántigas da Terra, Hugo López e o arquiveiro, Moncho do Orzán, recibiron a Goretti Sanmartín e, en especial, abriron o arquivo histórico da entidade, que atesoura importantísima documentación da traxectoria do coro e, en xeral, da historia musical e cultural galega.

"Cántigas da Terra pode enorgullecerse dunha historia de promoción da nosa cultura, de compromiso coa música propia e de defensa do noso idioma e da nosa identidade. O seu centenario é boa ocasión para dar a coñecer a dimensión da entidade e o importantísimo papel que desenvolveu na nosa historia cultural", sinalou Goretti Sanmartín nunha visita en que puido coñecer de primeira man a relevancia do arquivo histórico da entidade, que garda as primeiras actas e o estandarte fundacional en que se pode comprobar como, despois de 1936, foi ocultada a bandeira galega coa fouce tras unha bandeira española.

A responsábel da área de Cultura parabenizou á entidade polo premio Pedrón de Ouro que lle vén de ser concedido, un galardón que recoñerán o vindeiro 22 de maio na Casa Museo de Rosalía de Padrón.

"Este é un ano de grandes conmemoracións no ámbito da Cultura mais a de Cántigas da Terra ten que ser unha destacada, en especial na cidade da Coruña que é onde desenvolveu boa parte do seu importante traballo e onde mantivo sempre a súa sede. Desde a Deputación comprometémonos a colaborar nunha celebración que consideramos necesaria", sinalou Goretti Sanmartín nunha xuntanza en que se estudaron posíbeis liñas de apoio e se concretou a colaboración do libro gráfico conmemorativo que a entidade quere editar neste centenario.

Cántigas da Terra continúa a ter unha importante actividade de promoción da nosa tradición musical con máis de sesenta socios participantes nas súas distintas agrupacións, eixo central dunha iniciativa que promove tamén obradoiros, charlas, visitas guiadas ou outras propostas de dinamización e coñecemento da nosa cultura tradicional.

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Friday, 19 April 2024