A retrospectiva foi supervisada polo propio Straub e conta con copias restauradas, traducións melloradas e varias estreas en Galiza
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) continúa as súas colaboracións co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, traendo á Coruña unha extensa retrospectiva sobre a parella de creadores Straub-Huillet, situados entre os mellores cineastas modernos de Europa.
A retrospectiva, que arranca esta semana e continuará durante os meses de marzo e abril, trazará un completo percorrido pola coherente carreira deste dúo de autores, que se estende dende mediados dos sesenta ata os nosos días, cando Jean-Marie Straub, logo do falecemento de Danièle Huillet en 2006, continúa a facer cine en solitario.