Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Presentación oficial da GALA DO LIBRO GALEGO 2016

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 11762
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
11762

Acordo histórico entre a AELG, a AGE e a Federación de Librarías de Galicia para a convocatoria conxunta e unitaria dos premios do sector do libro galego.

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia convocan a Gala do Libro Galego 2016. Un evento que representa un acordo histórico no sector literario galego, ao confluír desde agora nuns únicos galardóns os premios convocados anteriormente de forma separada por cada unha das tres organizacións.

Desde hai anos viñan convocándose os premios literarios da AELG coa súa Gala das Letras, a Noite da edición en Galicia da AGE e mais os Premios Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia. A partir de agora todos estes galardóns desaparecen para transformarse nuns únicos premios literarios co libro galego como protagonista principal, convocados de forma conxunta polas tres organizacións. O nome escollido é Gala do Libro Galego.

Estes galardóns nacen co obxecto de recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galicia, e faranse públicos no transcurso da Gala do Libro Galego 2016, que se celebrará o 14 de maio do próximo ano. Alí entregaranse as distincións nas seguintes categorías:

1. Obra de ensaio

2. Obra de narrativa

3. Obra infantil e xuvenil

4. Libro ilustrado

5. Iniciativa bibliográfica

6. Obra traducida

7. Libro de poesía

8. Libro de teatro

9. Iniciativa cultural ou fomento da lectura

10. Proxecto literario na rede

11. Xornalismo cultural

12. Escritor galego universal

13. Premio honorífico á libraría

14. Premio honorífico á editora

As directivas das organizacións convocantes, previa votación dos seus asociados, farán chegar á secretaria técnica da organización da Gala do Libro Galego até cinco candidaturas para cada unha das once primeiras modalidades, que serán remitidas a un xurado externo, que será nomeado de común acordo polas Xuntas Directivas da AELG, AGE e Federación de Librarías, formado por sete persoas, quen se encargarán de fallar estes galardóns sen dotación económica.

O premio ao Escritor Galego Universal será concedido pola directiva da AELG, o Honorífico á libraría será concedido pola directiva da Federación de Librarías e o Honorífico á editora corresponderá á directiva da AGE.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 22 Diciembre 2024