Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

O XX Festival de Cine Internacional de Ourense contará con 30 películas e un foro de coprodución con Portugal

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 26107
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
26107

O encontro, que se inaugura o 14 de novembro coa estrea de ‘Lobos sucios’, de Simón Casal, desenvolverase ata o día 22 en catro espazos da cidade.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que proxectará máis de 30 películas do 14 ao 22 de novembro en catro espazos da cidade e incorpora, entre outras novidades, un encontro de coprodución entre Galicia e Portugal organizado pola Agadic.

Promovido polo Concello de Ourense co obxectivo de contribuír á difusión en Galicia do cinema actual de todas as nacionalidades e de dar visibilidade á produción audiovisual galega, o OUFF 2015 combina o labor de estímulo para a creación cinematográfica a través dunha competición oficial á que este ano concorren dez películas (‘Dark Horse’, ‘Teito e comida’, 'Killing Time', 'The Sinking of Sozopol’, ‘Brindgend’, ‘A vida despois’, ‘A noiva’, ‘Bambanti’, ‘O comezo do tempo’ e ‘A decisión de Julia’), con outras seccións paralelas destinadas ao recoñecemento do cinema galego, á presentación de filmes inéditos na nosa Comunidade ou á exhibición de documentais.

 
A programación, resultado da selección realizada entre máis de 400 propostas procedentes de 60 países, desenvolverase durante os nove días do festival nas dúas salas do Auditorio Municipal, no Teatro Principal, no Centro Cultural Marcos Valcárcel e na Sala José Ángel Valente.
 
Estrea de ‘Lobos sucios’
O cinema galego tamén terá será protagonista  no OUFF, con proxeccións de fitas como ‘Unitarias’, ‘A viaxe de Leslie’, ‘Meigallos‘ ou ‘Os días afogados’, ademais da estrea en Galicia de ‘Lobos sucios’. A película do realizador coruñés Simón Casal, que conta con subvención da Agadic,  presentarase na gala de apertura do Festival de Cine de Ourense despois do seu paso polo prestixioso Festival Internacional de Mill Valley (California).  
 
Dentro do apartado específico ‘Panorama Galicia’ proxectaranse outros nove títulos de produción galega ou relacionados con Galicia: ‘Sons do Entroido II’, ‘Fíos fóra’, ‘Buscando a Bill Viola’, ‘A Festa dos Maios’, ‘Chocolates Candelas’, ‘Homenaxe a José Luis Campos: Bemposta-Colombia’, ‘Level Up’, ‘Francisco Luis Bernández: un discurso porteño encol do idioma galego’ e ‘Zamarras negras‘.
 
A carteleira completa do festival foi presentada hoxe en Ourense nun acto que contou coa presenza do alcalde Jesús Vázquez Abad, da concelleira de Cultura Belén Iglesias, da directora do OUFF 2015, Nora Sola; e doutros organizadores e patrocinadores. Por parte da Consellería de Cultura e Educación interveu Jacobo Sutil, director da Agadic, entidade que presta apoio económico ao OUFF a través da sinatura dun convenio de colaboración.
 
Colaboración activa desde a Agadic
O director da Agadic, que se referiu á cita cinematográfica ourensá como un evento de referencia no mapa galego de festivais audiovisuais, salientou que na presente edición de 2015, a liña de traballo emprendida co OUFF deu como resultado tres actividades concretas para a promoción audiovisual no marco deste evento. Así, o 20 de novembro terá lugar o I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal Galicia, organizado pola Agadic e o Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal, no que participarán vinte de empresas produtoras e distribuidoras e canles televisións das dúas beiras do Miño na procura de futuros proxectos comúns.
 
O día 17 está previsto tamén dentro do OUFF o lanzamento do novo catálogo ‘Films from Galicia’, unha publicación con versións impresa e ‘online’ interactiva que recolle referencias das últimas longametraxes producidas en Galicia e que se utilizará como material de difusión nas principais feiras internacionais do sector ao longo do ano que vén.
 
A terceira das accións conxuntas entre a Agadic e o OUFF é a presentación dun avance de ‘Cinemas de Galicia’ para o 2016, o programa que a Xunta de Galicia organiza con varios concellos galegos para posibilitar a visión de películas en pantalla grande en localidades que non contan con salas comerciais. No marco desta colaboración proxectaranse o filme de animación ‘Meigallos’ e o documental ‘Os días afogados’ como avance da carteleira que conformará ‘Cinemas de Galicia’ para 2016.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 22 Diciembre 2024