Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local
O presidente e a vicepresidenta da Deputación, Valentín González Formoso e Goretti Sanmartín Rei e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participaron no acto de sinatura do acordo para o financiamento do programa de actividades da Orquestra Sinfónica de Galicia que tivo lugar na sede institucional provincial. A Deputación da Coruña comprométese a unha achega de 1.500.000 € que supón o 74,627 % do orzamento total de 2.010.000 €.
nha colaboración especial nos actos de conmemoración do 800 aniversario da cidade de Betanzos é unha das novidades deste convenio que inclúe a celebración de concertos en concellos como Carballo, Melide, Rianxo, Culleredo, Arteixo e Vimianzo. A descentralización da programación da OSC, promovida desde a Deputación da Coruña, contempla tamén o desenvolvemento noutros concellos da provincia do ciclo Son Futuras promesas.
A Deputación da Coruña financia a través deste convenio a tempada de concertos de abono da Orquestra Sinfónica na Coruña -con previsión de 29 actuacións- e engade un programa noutros concellos para o que xa están determinadas -á espera de completar o programa- citas en Santiago de Compostela o 2 de maio e en Ferrol os 5 e 21 de febreiro. 28 de marzo, 16 de maio, 6 de xuño e 10 de outubro. O concerto de Betanzos que se enmarca na celebración do 800 aniversario terá lugar o día 22 de agosto. Tamén a Orquestra Nova actuará en Ferrol e Narón ademais de na Coruña.
O convenio contempla así mesmo as actividades dos Coros en distintos concellos e o proxecto didáctico con oferta de prazas para colexios da provincia.