Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Nadal en Rede presenta novos recursos e actividades para celebrar as festas en galego

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 2311
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
2311

Gramola Gominola, Cantos contos de Nadal e ISIstorias de Nadal son tres das propostas de fomento do uso idioma que chegarán a 30 concellos da Rede entre o 22 de decembro e o 4 de xaneiro.

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu a presentación da nova programación de actividades e os recursos para celebrar estas festas en galego dentro da cuarta edición do programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede’.

A Rede de Dinamización Lingüística, que promove a Xunta de Galicia xunto con 170 entidades locais, programa unha ampla oferta de actividades no marco na campaña ‘Nadal en Rede’ 2015. As propostas musicais para a xente miúda de ‘A Gramola Gominola’ e ‘Cantos Contos de Nadal’ e mais a actividade de humor ‘ISIstorias de Nadal’ dotarán dun tempo de lecer en galego os concellos da Bola, A Rúa, Bande, Boimorto, Burela, Campo Lameiro, Cangas, Celanova, Corcubión, Cospeito, Curtis, Dumbría, Forcarei, Frades, Laxe, Melón, Mesía, Mondariz-Balneario, Monterroso, Muíños, Muros, Parada de Sil, Pontecesures, Ramirás, Sarreaus, Sober, Sobrado dos Monxes, Toén, Toques e Verín, para despedir o 2015 e darlle a benvida ao 2016.

Ademais, ‘Nadal en Rede’ inclúe un bo feixe de recursos dixitais pensados para estas festas e descargables, de balde, desde o web www.lingua.gal.

Rock, reggae ou ska, con Gramola Gominola
‘A Gramola Gominola’, o primeiro grupo de rock infantil en galego, presenta unha actividade especialmente dirixida á cativada de 5 a 10 anos e ás súas familias que supón toda unha novidade dentro da música para nenos. Aínda tendo como eixe central o rock and roll, explora e mostra diferentes estilos da música contemporánea: desde o reggae ás baladas heavies, pasando polo pop e o funk, o country, o blues ou o ska.

Coas súas letras en galego, esta proposta didáctica fala de valores tan esenciais como a amizade, a familia, a importancia de facer deporte e de levar unha alimentación saudable, o estudo, os xogos ou a natureza e os seus recursos.

A actividade estrearase o 22 de decembro en Dumbría (ás 17:00 horas, na Casa da Cultura de Olveira), e pasará por Sarreaus (23 de decembro, ás 18:00 horas, no Salón do Concello), Muros (26 de decembro, ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal), Laxe (27 de decembro, ás 19:00 horas, no Salón de Actos do Concello), Cangas (28 de decembro, ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal), Monterroso (29 de decembro, ás 11:00 horas, no Espazo Cultural Lorenzo Varela), Burela (29 de decembro, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal), A Rúa (2 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Centro Cultural Avenida), Celanova (2 de xaneiro, ás 18:30 horas, no Auditorio Ilduara) e Verín (4 de xaneiro, ás 17:00 horas, no Pavillón Municipal).

Música e contacontos 
‘Cantos Contos no Nadal’ será unha proposta novidosa de cantacontos participativos dirixida a familias con fillos de 2 a 5 anos que ten a música como fío condutor. Guiado polo coñecido cantante Pablo Díaz -referente imprescindible da música infantil galega tras o éxito dos seus discos ‘Tic-Tac’,
‘Toc-Toc’ e ‘Xente miúda, moita fartura’-, o público colaborará a contar historias e aprenderá cancións para repetir na casa, nas longas sobremesas de Nadal, ou mentres se agarda a chegada dos Reis Magos.

Hase estrear o 22 de decembro en Boimorto (ás 11: 00 horas, no PAI –Punto de Atención Primaria-), para continuar por Sobrado dos Monxes (22 de decembro, ás 17:30 horas, na Casa da Irmandade –Edificio de Usos Múltiples-), Mesía (23 de decembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura), Cospeito (27 de decembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura da Feira do Monte), Mondariz-Balneario (28 de decembro, ás 17:30 horas, na Sala da Cultura da Casa do Concello), Campo Lameiro (29 de decembro, ás 12:30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural Sobrino Buhigas), Pontecesures (29 de decembro, ás 17:00 horas, no Centro Social), Corcubión (3 de xaneiro, 12:30 horas, na Casa da Cultura), Curtis (4 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Edificio Multiúsos) e Sober (4 de xaneiro, ás 17:30 horas, no Centro Sociocultural).

Historias de Nadal co televisivo Isi 
‘ISIstorias de Nadal’ está destinada a público de calquera idade e permitirá apoiar os concellos no seu esforzo por estableceren unha programación cultural e de lecer propia destas datas na nosa lingua. Se algo caracteriza o coñecido Isi é o partido que este estradense lles tira ás propias vivencias persoais ou ás do seu contorno. Un anecdotario que, aínda cun proceso de ficcionalización evidente, non perde frescura nin naturalidade.
A actividade proposta é, xa que logo, un xeito perfecto de reivindicar a simbiose entre a anécdota popular e a tradición oral, combinadas agora para difundir a lingua galega. Todo isto, co Nadal como pano de fondo.

‘ISIstorias de Nadal’ bota a andar o 22 de decembro en Melón (ás 18:00 horas, no Multiusos), e visitará Muíños (23 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura), Parada de Sil (26 de decembro, ás 17:30 horas, no Xeriátrico Luces do Sil –edificio municipal-), Toén (26 de decembro, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de San Pedro de Moreiras), Ramirás (27 de decembro, ás 17:30 horas, no Centro Sociocultural do Picouto), Bande (27 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Concello), A Bola (28 de decembro, ás 16:30 horas, no Salón Social do Concello), Forçarei (29 de decembro, ás 19:00 horas, no Centro Social), Frades (30 de decembro, ás 17:30 horas, no Multiusos) e Toques (30 de decembro, ás 21:00 horas, no Albergue do Souto).

Recursos tamén na rede 
Ademais destas actividades de dinamización lingüística, ‘Nadal en Rede’ inclúe unha ampla oferta de recursos dixitais aos que se pode acceder para a súa descarga de balde desde calquera punto de Galicia.

A Rede de Dinamización Lingüística creou a ferramenta ‘Carta dos Reis’ para que pais e nais (así como os servizos de normalización dos concellos que o desexen) poidan elaborar unha resposta das Súas Maxestades de Oriente ás cartas enviadas pola cativada. A dita resposta, personalizada para cada neno, poderá imprimirse para meter na caixa do correo ou enviarse por correo electrónico. Dispoñible no Portal da Lingua Galega: www.lingua.gal.

Ademais, neste mesmo web a xente miúda ten á súa disposición un modelo de carta para escribirlles aos Reis Magos en galego. Para facilitarlles o traballo nas cabalgatas ás Súas Maxestades, todos os concellos da RDL terán cadanseu exemplar do ‘Libro dos Reis Magos’ e quen estea interesado/a nel pódeo descargar en: www.lingua.gal.por último, ‘Nadal en rede’ ofrece tamén, como noutras edicións, a aplicación Postais en galego, para felicitar as festas electronicamente con fermosas mensaxes na nosa lingua.

Toda a información sobre o ‘Nadal en Rede’ pode consultarse no portal da lingua galega: www.lingua.gal.

Xira de Nadal dos Bolechas
Quen tamén queren pasar o Nadal en compaña dos cativos galegos son Os Bolechas, xa que van percorrer Galicia coa súa caravana de Nadal nunha xira que os levará por media ducia de localidades da Rede de Dinamización Lingüística durante este tempo de vacacións escolares.

Haberá obradoiros de debuxo, cine, música, ludoteca, sala de ordenadore,... e moitos agasallos para complementar, con esta actividade, a programación de ‘Nadal en Rede’.

0
Etiquetado en: Galego Infantil Nadal en Rede

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Viernes, 16 Noviembre 2018