Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form
Subscribe to this list via RSS Blog posts tagged in OUFF
22025

O encontro, que se inaugura o 14 de novembro coa estrea de ‘Lobos sucios’, de Simón Casal, desenvolverase ata o día 22 en catro espazos da cidade.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que proxectará máis de 30 películas do 14 ao 22 de novembro en catro espazos da cidade e incorpora, entre outras novidades, un encontro de coprodución entre Galicia e Portugal organizado pola Agadic.

Promovido polo Concello de Ourense co obxectivo de contribuír á difusión en Galicia do cinema actual de todas as nacionalidades e de dar visibilidade á produción audiovisual galega, o OUFF 2015 combina o labor de estímulo para a creación cinematográfica a través dunha competición oficial á que este ano concorren dez películas (‘Dark Horse’, ‘Teito e comida’, 'Killing Time', 'The Sinking of Sozopol’, ‘Brindgend’, ‘A vida despois’, ‘A noiva’, ‘Bambanti’, ‘O comezo do tempo’ e ‘A decisión de Julia’), con outras seccións paralelas destinadas ao recoñecemento do cinema galego, á presentación de filmes inéditos na nosa Comunidade ou á exhibición de documentais.

Continue reading
0
3904
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria volverá apoiar economicamente o Concello de Ourense na organización do OUFF (Ourense Film Festival), que desenvolverá a súa vixésima edición do 14 ao 22 de novembro. Así se recolle no convenio de colaboración asinado en Santiago polo director da Agadic, e o alcalde ourensán, Jacobo Sutil e Jesús Vázquez Abad, respectivamente, do Partido Popular. Este documento define como “esencial” o establecemento de accións conxuntas entre ambas as entidades para afondar na promoción e potenciación do sector audiovisual galego a través da colaboración no OUFF, que “destaca...
Continue reading
0
Tagged in: Agadic Cine OUFF Ourense