Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

Visitamos BDG70: A Revolta do Comic Galego

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 12375
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
12375

Achegámonos ata a sala Normal, na Coruña para mergullarnos no mundo do primeiro comic galego aló polos 70, na exposición BDG70: A Revolta do Cómic Galego, da man de Manel Craneo.

Si, facíase cómic na Galiza nos 70. E en galego! Nunha época na que íso non so era considerado irreverente, senón tamén até perigoso. Nada ten que envexar a prolífica producción en banda deseñada galega aos títulos que colleran fama naqueles tempos no Estado Español. É máis, non cinguían o seu talento so ao lecer senón que utilizaban o cómic en galego como arma reivindicativa, de feito case ningún seguiu por ese camiño despois desta época.

“Usábano como ferramenta de mensaxe antiautoritaria” tal e como nos explica con moito agarimo o debuxante Manel Cráneo quen, xunto a Xulio Carballo ca súa tese doutoral: “Para unha historia da Banda Deseñada Galega: a narración a través da linguaxe gráfico-textual”, son os artífices de esta exposición que, tras o éxito obtido, ampliou até finais do mes de xaneiro. Colaboran e apoian a iniciativa tamén a UDC e a Deputación da Coruña e pódese desfrutar na Sala Normal de A Coruña. Se aínda non o fixestes, tedes un par de días para vos achegar!

Como non podía ser doutra forma, tamén estaban suxeitos á censura da época, o de facer banda deseñada en galego era ben complicado e a difusión prácticamente imposíbel. Véxase, por exemplo, unha exposición que tivo lugar nos Dominicos que se montou pola mañá e tivo que ser desmontada pola tarde, xa que non contaba co beneplácito dos mandamases…

Os autores galegos dos 70 facían, asemade, cómic de ciencia ficción con mensaxe encriptada para poder facer crítica contra o capitalismo e as ditaduras. A maiores, tamén podemos atopar traballos feitos para nenos e nenas, onde cabe destacar Vagalume que chegou a ter 4.000 suscriptores/as, todo un éxito para aqueles anos!

Dentro da exposición poderedes ver os debuxos de Xaquín Marín, Xesús Campos Álvarez, “Chichi”, Alberte Permuy, Antón Patiño, Fran Jaraba, Isaac Díaz Pardo, Luís Esperante, Miguelanxo Prado, Oitabén, Pepe Barro, Pepe Carreiro, Reimundo Patiño, Saavedra Pita, e, como non, tamén de Xose Lois “O Carrabouxo”, quen creou o primeiro personaxe feminino da banda deseñada galega: “Sabeliña”.

É de destacar a nula presenza na exposición de mulleres debuxantes ou guionistas, mais, según nos explicou Manel, a época non era a máis adecuada nin moito menos para que as mulleres se poidesen desenvolver nestes ámbitos culturais, xa de por si, marxinais. Prometeunos, íso si, tratar de montar unha nova mostra con autoras galegas de cómic que, como Xulia Vicente, agora si están a facer un magnífico traballo e trunfando polo Estado adiante :D

Agardamos vela e alí estaremos!

GALERÍA DE IMAXES

 

0
Trackback URL for this blog entry.

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Wednesday, 24 April 2024