Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

O filme galego Sicixia, de Ignacio Vilar, estréase en 31 pantallas de todo o estado

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 3551
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
3551

O filme mestura ficción e realidade para retratar a Costa da Morte, a súa paisaxe e as súas xentes, a partir da historia que protagonizan Monti Castiñeiras e Marta Lado.

A longametraxe galega ‘Sicixia’, do realizador Ignacio Vilar, inicia  o seu percorrido polo circuíto comercial coa súa estrea en 31 salas de 19 localidades galegas e cinco de España (Madrid, San Feliu de Llobregat, Tarragona, Valencia e Xixón). A producción da película de corre a cargo de Vía Láctea Filmes

A película presentouse en Carballo. coa participación de Evencio Ferreiro, alcalde de Carballo; José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, o director da Agadic, Jacobo Sutil
e unha representación do equipo de ‘Sicixia’ encabezada polo seu director, Ignacio Vilar, e o actor Monti Castiñeiras.

Fita galega e en galego

Na presentaciónl subliñou que se trata dunha produción en galego realizada por un equipo técnico e artístico integramente galego. Neste sentido, destacouse que ‘Sicixia’ dá conta da valía dos profesionais que integran a nosa industria audiovisual e do potencial de Galicia como escenario de rodaxe, ademais de poñer en valor a paisaxe, a cultura e as tradicións galegas diante do gran público.

“A Costa da Morte, a súa paisaxe, as súas xentes e as súas costumes son parte importante da cultura e da historia de Galicia; conforman un acervo cultural que nos identifica, nos distingue e nos prestixia como pobo, máis aínda cando isto se fai por medio do cinema para dar como resultado un produto capaz de competir en condicións de igualdade en calquera mercado internacional”, sinalou.

De feito, a primeira proxección internacional de ‘Sicixia’ tivo lugar a primeiros de outubro na vixésimo primeira edición do Festival Cine España de Toulouse (Francia), onde Marta Lado obtivo o premio á mellor interpretación feminina, e acaba de preestrearse en París e de participar no Festival Internacional de Cine de Xixón.

O proxecto –acometido por Vía Láctea Filmes tras o éxito acadado con ‘A esmorga’– contou para a súa materialización cunha achega de 260.000 euros a través da convocatoria de 2014 de axudas da Agadic á produción audiovisual na modalidade de longametraxes cinematográficas.

Igualdade de xénero

‘Sicixia’, que toma como título o termo astronómico que define o momento no que se aliñan os centros do Sol, da Terra e da Lúa, mestura ficción e realidade para retratar o patrimonio paisaxístico e cultural da Costa da Morte. Nesta historia, a través da que tamén se fomenta a igualdade de xénero, Monti Castiñeiras dá vida a un enxeñeiro que recibe o encargo de gravar os singulares sons da Costa da Morte. Alí coñece a unha guía local, interpretada por Marta Lado, que lle axudará a se mergullar na idiosincrasia desta zona de Galicia. No reparto figuran tamén Arantza Villar, Artur Trillo, Daniel Trillo e Tamara Canosa.

A nova película de Ignacio Vilar estréase hoxe en diferentes salas de A Coruña, A Estrada, A Rúa de Valdeorras, Caldas de Reis, Carballo, Cee, Ferrol, Lugo, Madrid, Marín, Monforte, Narón, O Barco de Valdeorras, Ourense, Pontevedra, Ribeira, Santiago de Compostela, Sant Feliu de Llobregat, Tarragona, Valencia, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Viveiro e Xixón.

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Tuesday, 16 April 2024