Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

O CGAI proxectará filmes inéditos do dúo Straub-Huillet, nunha colaboración co Museo Reina Sofía

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 3361
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
3361

A retrospectiva foi supervisada polo propio Straub e conta con copias restauradas, traducións melloradas e varias estreas en Galiza

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) continúa as súas colaboracións co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, traendo á Coruña unha extensa retrospectiva sobre a parella de creadores Straub-Huillet, situados entre os mellores cineastas modernos de Europa.

A retrospectiva, que arranca esta semana e continuará durante os meses de marzo e abril, trazará un completo percorrido pola coherente carreira deste dúo de autores, que se estende dende mediados dos sesenta ata os nosos días, cando Jean-Marie Straub, logo do falecemento de Danièle Huillet en 2006, continúa a facer cine en solitario.

Clásicos e fitas inéditas

O especial programado no CGAI engade novos títulos ao ciclo orixinariamente proxectado no Reina Sofía, con copias restauradas e traducións revisadas polo propio Jean-Marie Straub, quen participou intensamente nesta recuperación da súa obra. Pasaranse un total de 32 filmes ao longo de 16 sesións, nas que ademais de clásicos como 'No reconciliados' (que se proxectará este mércores) ou 'De la nube a la resistencia', poderá verse un importante número de filmes inéditos en España e as últimas pezas de Straub, como 'Kommunisten' ou 'L'aquarium et la nation'.

O ciclo inaugúrase hoxe martes coa ópera prima do dúo, 'Crónica de Ana Magdalena Bach', unha biografía lonxe de dramatismos a partir do diario da esposa do mestre vienés e da interpretación da música do compositor por parte de profesionais. A sesión será presentada polos comisarios encargados desta escolma, Manuel Asín e Chema González, que tamén falarán sobre o libro 'Jean-Marie Straub y Danièle Huillet. Hacer la revolución es volver a colocar en su sitio cosas muy antiguas pero olvidadas', recentemente editado polo Museo Reina Sofía. O volume inclúe colaboracións e traducións de importantes críticos e filósofos internacionais como Jacques Rancière, Serge Daney ou Peter Handke.

Cine, teatro e poesía

Cun estilo que os sitúa entre os preceptos da Nouvelle Vague francesa e o Novo Cinema Alemán, a produción de Straub-Huillet tense caracterizado por hibridar o cine con outras artes coma o teatro ou a poesía, procurando sempre lecturas históricas e políticas do tempo presente a través dos vestixios do pasado. Para Manuel Asín e Chema González, a obra de Straub-Huillet “desmantela as formas cinematográficas para propor novas relacións coas imaxes e os sons: unha vontade experimental que comparten cos seus admirados Cézanne, Griffith, Mallarmé, Chaplin ou Schoenberg”. Con estes nomes, os programadores fixan a tradición na que se circunscribe a parella, ligada irremediablemente á cinefilia máis culta.

As fitas coas súas datas e horarios pódense consultar na Axenda de Cultura de Galicia.

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Wednesday, 17 July 2019