Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

Botan a andar en Ourense as xornadas Música e poesía dende a primeira infancia

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 3779
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
3779

Trátase da segunda edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.

o Ciclo abriuse no ourensán Campus das Lagoas da Universidade de Vigo o II Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A literatura infantil e xuvenil preséntase como unha porta de entrada ao mundo e tamén á lingua galega. “Que o idioma lles chegue aos nenos e nenas, ademais de por outras vías, a través de historias divertidas, emocionantes, fermosas –dixo– é unha carta de presentación que aumenta o aprecio e o valor que os nenos lle dan ao galego”.

O secretario xeral de Política Lingüística estivo acompañado por Virxilio Rodríguez, vicerreitor do Campus de Ourense; por Mar García Señorán, decana da Facultade de Ciencias da Educación; por Isabel Mociño e Susa Herrera, profesoras da mesma facultade e coordinadoras do ciclo, e mais por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.

Música e poesía desde a primeira infancia

O segundo Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil -que se desenvolverá ata o día 9 de novembro na Sala Emilio Pardo Bazán do Edificio Facultades, no ourensán Campus As Lagoas- xira arredor do lema “Música e poesía dende a primeira infancia”.

Entre os seus obxectivos figuran dar a coñecer estratexias, recursos e ferramentas para achegar a poesía e a música a infantes e adolescentes; divulgar experiencias e producións de literatura infantil e xuvenil galega da man dos propios creadores ou valorar o papel do profesorado e da escola como axentes dinamizadores, programadores e normalizadores culturais.

A primeira das sesións desta edición estivo a cargo de Montse Rivera, quen falou sobre a tradición oral nas aulas. A próxima, terá lugar o 11 de outubro e virá da man do poeta Antonio García Teijeiro, quen disertará sobre a importancia da poesía nas escola. Seguirao o día 19 a conferencia de Uxía “A música e os proxectos poético-musicais para a infancia”. O 26 de outubro, Elvira Riveiro Tobío falará da “Experimentación poética para a infancia e a adolescencia”. En novembro, o día 2, Fran Alonso ocuparase da “Experimentación poético-musical ao redor da lírica” e o día 9 pechará o ciclo Susa Herrera co relatorio “Música e poesía para a infancia, a súa importancia para futuros docentes de infantil e primaria”. Todas as sesións comezarán ás 17.00 horas.

Convenio de colaboración

O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil que este ano chega á súa segunda edición é froito do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a AELG.

A cooperación entre ambas as entidades posibilita ademais outras actividades de divulgación da literatura escrita na lingua propia de Galicia, tales como o ciclo 'Escritores na Universidade' que se está celebrando estes días en Vigo; as visitas de escritores a Centros de Estudos Galegos dependentes da Secretaría Xeral de Política Lingüística ou o XIII Curso de formación continua 'As literaturas infantís e xuvenís ibéricas. A súa influencia na formación lectora'.

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Thursday, 25 April 2024