Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

Aldaolado na Sala Noimporta da Coruña

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 1564
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
1564

O dúo formado por Lucía Aldao e Maria Lado encheu a sala cun brilante espectáculo a base de humor e poesía.

"Porque viñéstedes as ghalleghas e trouxéchesnos a poesía"

Ísto escoitaron as Aldaolado nunha viaxe a Castela para participar nun Festival de Poesía. Até fóra do país recoñecen o bo facer de estas dúas mulleres que o pasado día 14 de xullo deleitáronnos cun orixinal Recital de Poesía, Música e Humor na sala No Importa da Coruña.

Pois si, porque Maria Lado e Lucía Aldao achegáronnos as súas fermosas composicións poéticas combinadas con música e moito, moito humor. Bon, máis ben retranca! Unha retranca con inconfundíbel sabor á Costa da Morte e un chisco de simpatía coruñenta.b2ap3_thumbnail_DSC07874r_20170817-100019_1.jpg

Perante perto de dúas horas de espectáculo, ao que paga moito a pena acudir, María e Lucía recitan acompañadas de guitarra e interpretando diversos temas e versións de cancións ao tempo que nos brindan brincadeiras a esgalla.

O espazo de No Importa ficou pequeno para velas! O público aplaudiulles a todo dar e mesmo participaron activamente dun sketch a petición das artistas.

Se non as vistes aínda, non sei a que agardardes ;)

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Saturday, 18 November 2017