Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

A exposición sobre Castelao e o cómic xa pode visitarse en Ponteareas

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 6019
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
6019

'De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego' amosa obras de autores actuais como Kiko da Silva, José Domingo, Miguelanxo Prado, Mar Abad ou David Rubín

'De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego', unha das exposicións que se programaran ao abeiro do Ano Castelao da Deputación de Pontevedra, vén de ser inaugurada esta tarde no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, onde poderá visitarse ata o 12 de febreiro. No acto de apertura estiveron presentes o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, o rexedor da localidade, Xosé Represas, e a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista Fernández.

'De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego' referencia a produción de Castelao nos primeiros anos da súa traxectoria, que fixo a súa achega nun campo que, hoxe máis ca nunca, conta cunha importante representatividade de autores e autoras galegas que están traballando neste eido con moito éxito e calidade. A mostra,  comisariada polo coñecido crítico de cómic, Octavio Beares, establece un percorrido polas obras de debuxantes galegos comezando polo propio Castelao, quen co debuxo amosou sempre o seu compromiso coa arte e a lingua galega, como se pode apreciar nas reproducións das tiras e debuxos publicados en Vida Gallega e o diario Galicia; ata os autores máis actuais, como son Kiko da Silva, José Domingo, Miguelanxo Prado, Mar Abad ou David Rubín. Unha selección na que se intentou incluír os autores e autoras galegas que son referencia no eido do cómic ata o día de hoxe, e tomando a  Castelao como referente.

0
Trackback URL for this blog entry.

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Wednesday, 24 April 2024