Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

A Deputación de Pontevedra presenta a programación do Ano Castelao

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 4165
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
4165

O departamento provincial de Cultura e Lingua apostou pola integración e a accesibilidade na súa programación de actividades do Ano Castelao nos concellos.

O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, presentou esta mañá as actividades culturais do Ano Castelao que se realizarán nos concellos da provincia. Un programa de exposicións, concertos e obradoiros que contribuirá a complementar as programacións culturais locais, co obxecto de chegar a toda a poboación da provincia.

O deputado provincial puxo o acento no feito de que este ano, ademais de chegar á totalidade dos concellos, tamén se apostou por incluír as novas tecnoloxías e pola integración e a accesibilidade das persoas con dificultades auditivas. No eido da accesibilidade dúas das exposicións programadas contemplarán o uso de audioguías e signoguías, realizadas coa colaboración da Organización de Xordos de Galicia (XOGA). "Consideramos un fito que, a partires de agora, haxa un signo establecido en lingua de signos para designar a Castelao, que o seu uso sexa aceptado e normalizado e que cada vez máis persoas poidan acceder aos nosos contidos", sinalou Xosé Leal.

Na presentación, o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, estivo acompañado pola presidenta de XOGA, M.ª Jesús Monterde García; por Toño Escudero, socio da empresa que colabora cunha app educativa; pola actriz Beatriz Campos; e polo músico Luis "O Caruncho", que interpretou un cantar de cego dos que se inclúen na programación.  "Presentamos unha variedade de actividades moi completa, que, como se di, toca moitos paus, para atender as disciplinas artísticas que cultivou Castelao e para dar cabida aos 62 concellos", afirmou Xosé Leal.

A presidenta de XOGA, M.ª Jesús Monterde García, comezou a súa intervención agradecendo o papel integrador da Deputación, da que destacou que "deu o paso para facilitar esta colaboración, que vai favorecer que haxa un acceso a unha faceta das persoas con xordeira, como é a cultura, que ata agora non era posible e fomentará a normalización da lingua de signos entre o conxunto da poboación".  M.ª Jesús Monterde incidiu tamén en que o signo para designar a Castelao permitirá que as persoas que non son galegas tamén poidan coñecer este autor. Pola súa banda, Toño Escudero cualificou a aplicación educativa que se inclúe na programación como "un recurso que facilitará que os rapaces usen as novas tecnoloxías para crear historias, contos, viñetas ou exercicios e apoiarse na vida de Castelao para engadir texto e audio e compartir os contidos creados". A actriz Bea Campos, que participará na programación con contacontos para todos os públicos, referiuse á importancia da tradición oral, sinalando que "a vida sen contos sería moitísimo máis triste, porque os contos nos avisan do que nos vai pasar na vida". Anunciou que nas actuacións enlazarán contos tradicionais europeos con contos extraídos deCousas de Castelao. Bea Campos asegurou que "queremos que estas adaptacións sexan un primeiro achegamento dos cativos e cativas a Castelao, para que pregunten máis, para que sigan investigando e pregunten por el nas súas casas".  Por último, o músico Luis "O Caruncho" explicou que os cantares de cego, incluídos na programación, "nos permitirán estar polas feiras levando a retranca de sempre, cantando romances de onte e de hoxe, tradicionais e non tradicionais".

A primeira das actuacións desta programación será no Concello de Moaña, o día 26 de marzo, onde se desenvolverá un concerto a cargo de Migallas. A primeira das exposicións inaugurarase o día 31 de marzo no Porriño e leva por título "De Castelao ao mañá. Unha ollada ao cómic galego". As persoas que desexen información sobre a actividade que se realizará no seu concello dentro da programación do Ano Castelao poden dirixirse ao enderezo de correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Actividades (pdf)

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Saturday, 20 April 2024