Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

O Ourense Film Festival volverá contar co apoio da AGADIC para as súas actividades do 14 ao 22 de novembro

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 3907
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
3907

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria volverá apoiar economicamente o Concello de Ourense na organización do OUFF (Ourense Film Festival), que desenvolverá a súa vixésima edición do 14 ao 22 de novembro. Así se recolle no convenio de colaboración asinado en Santiago polo director da Agadic, e o alcalde ourensán, Jacobo Sutil e Jesús Vázquez Abad, respectivamente, do Partido Popular. Este documento define como “esencial” o establecemento de accións conxuntas entre ambas as entidades para afondar na promoción e potenciación do sector audiovisual galego a través da colaboración no OUFF, que “destaca pola súa firme aposta polo audiovisual galego e polo seu continuo esforzo en contar cunha ampla participación nacional e internacional”.

Con este fin, a Axencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achegará 26.000 euros para a posta en macha dun programa que lle ofrecerá ao público a oportunidade de gozar de producións cinematográficas non estreadas nos circuítos comerciais, así como de ciclos centrados en cinematografías concretas, actores e directores de prestixio internacional. Haberá tamén lugar para unha ampla mostra do audiovisual galego a través de proxeccións, publicacións, homenaxes e a presenza dunha importante representación dos axentes do sector.
Ademais e con motivo do vixésimo aniversario do encontro, a organización está a preparara unha serie de novidades, que porén non alterarán os signos de identidade e o modelo de programación consolidado durante estes anos de traxectoria. Neste sentido, as actividades de 2015 estruturaranse arredor de catro grandes bloques: cinematográfico, programa paralelo, homenaxes e formación. Inscrición na competición internacional

No apartado estritamente cinematográfico, o certame mantén aberto ata o 1 de setembro o prazo de inscrición de traballos para optar aos premios da súa competición internacional de longametraxes, que suman unha dotación económica de 17.000 euros. Poden optar a eles filmes de todo o mundo, producidos entre 2014 e 2015 e inéditos nos circuítos comerciais de salas cinematográficas e televisións de España, entre outros requisitos especificados nas bases. A presentación pode realizarse en liña a través das plataformas www.uptofest.com ou www.festhome.com, así como fisicamente segundo as instrucións que se recollen no web do Ourense Film Festival (www.ouff.org).

0
Etiquetado en: Agadic Cine OUFF Ourense

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Viernes, 19 Abril 2024