A Deputacion da Coruña lanza o DESAFÍO POÉTICO, Poemas FRONTE as violencias de xénero.

Concurso aberto a toda a poboación da provincia da Coruña. Aberto desde o 4 até o 26 de novembro.


Bases para a participación: PDF


Con esta iniciativa procuramos facer da rima e das redes un espazo de reivindicación fronte á violencia de xénero empregando a fórmula do concurso. Desenvolverase en Facebook e Twitter, entre o 4 e o 26 de novembro, apelando á participación de toda a poboación da provincia da Coruña, para amplificar a mensaxe que a Deputación quere lanzar este 25 de novembro:

Eu tamén miro DE FRONTE á violencia de xénero. 

O desafío consiste en compartir en Facebook ou Twitter unha publicación onde leas, recites, cantes ou amoses un texto poético da túa creación (ou elección) engadindo á túa publicación os cancelos #DeFronte e aquel que corresponda á categoría da túa idade: #DesafioInfantil (de 3 a 12 anos);  #DesafioXuvenil (de 13 a 19 anos) ou #DesafioAdultas (de 20 anos en diante).

Repartiranse tres premios, un por cada categoría, que consistirá nun bono de 60 euros para gastar nunha libraría da provincia da Coruña.

Podes atopar toda a información e as bases completas en:

Descargar Bases