Asistimos á presentacion de Negruña, a última novela ata o de agora de Xosé Duncan, de Urco editora, en Maquinaria Pesada na Coruña.

 

Nun futuro utópico, esta presentación literaria tería enchido o Pazo de Congresos.

b2ap3_thumbnail_tuplace_xoseduncan1.JPG

 

Nun futuro utópico, os libros en galego serían best-séllers.

 

Nun futuro utópico, as escritoras e os escritores serían máis famos@s que os futbolistas.

 

Mais, namentres agardamos que ísto aconteza, non podemos perder a oportunidade de desfrutar do futuro distópico de Negruña, novela na que Xosé Duncan reflexa como ninguén a decadencia á que unha sociedade pode chegar ou, de feito, de seguirmos así, chegará seguro.

 

O pasado 8 de outubro o autor, na compaña do seu editor Tomás González Ahola de Urco Editora, presentou o seu último libro no que relata a vida diaria dunha cidade podre, dirixida por ineptos e co medo permanente de que sexan clausurados, exterminados os seus distritos non productivos.

 

Negruña é a quinta novela de Xosé Duncan, que se engloba no marco da literatura fantástica ou como el ben a define, novela de “ficción social” e na que non pode negar a influencia da escritora de referencia do xénero da ciencia-ficción como é Ursula Kroeber Le Guin.

 

Duncan lembrou tamén e falounos das súas outras obras publicadas en Urco Editora: a triloxía de fantasía épica As Crónicas de Bran e a novela curta de terror Hostal Norte.