Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login
11569

O Día das Letras, os Premios Gaudí, a mostra (S8), o 25º aniversario da Escola de Imaxe e Son da Coruña, o cine postpunk da distribuidora Lux ou os filmes de Abderrahmane Sissako atopan tamén espazo nesta nova oferta bimestral.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) inicia esta semana a súa última carteleira da temporada 2015-2016 co programa cinematográfico ‘Novos cinemas na antiga Iugoslavia. 20 anos despois de Dayton’, a través do que se propón unha reflexión sobre o intento de reconstrución dunha sociedade destruída pola guerra.

Continuar lendo
0
4067

'Lobos sucios' abre este programa especial no Cine Gaumont do Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Arxentina como parte da programación organizada pola Xunta para a 42ª Feira Internacional do Libro de Buenos Aires

Proxéctanse tamén ‘As altas presións’, ‘A esmorga’, ‘Maimiño, ‘Inevitable’, ‘Holy Night’, ‘Os fenómenos’, ‘Arraianos’, ‘A praia dos afogados’, ‘No Cow on the Ice’, ‘O ouro do tempo’, ‘A árbore magnética’ e ‘A cicatriz branca’

Na sección documental, exhíbense ‘As luces de Sargadelos’, ‘A imaxe Reb/velada’, ‘Contra a morte, unha aproximación a Lois Pereiro’ e ‘100% CEF. Unha biografía de Celso Emilio Ferreiro’

A recente produción audiovisual galega protagonizará o ciclo ‘Galicia en cine’, que ofrecerá en Buenos Aires unha escolma de 17 filmes de ficción e documentais como parte da programación cultural organizada pola Xunta de Galicia para a 42ª edición da Feria Internacional del Libro da capital arxentina, onde Santiago de Compostela está a ser a cidade convidada.

Continuar lendo
0
4448

O prazo de inscrición nos obradoiros ábrese o vindeiro xoves 14 de abril e rematará o 21 de abril, comezando os obradoiros o luns 25 de abril

O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, presentou a terceira edición do Lingua Viva, un proxecto da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Xunto a el estivo tamén Paloma Lugilde, coordinadora do proxecto e directora do grupo de teatro lucense Palimoco Teatro, así como algúns e algunhas das integrantes do mesmo.

O proxecto Lingua Viva contempla obradoiros de teatro e danza, e é, tal e como expresou Ferreiro "un proxecto aberto, anovador e flexible co que queremos contribuír neste Ano Manuel María ao coñecemento e difusión das diferentes facetas que desenvolveu o escritor chairego, quen é coñecido pola súa dimensión de poeta, mais que tamén explorou outras facetas como a dramaturxia" dixo.

Continuar lendo
0
5337

O vindeiro 2 de maio bota a correr a iniciativa que move máis rapaces e rapazas a favor da lingua. Co lema "O galego está en nós" as carreiras atravesarán vilas e cidades do país, entre elas, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.

A xa tradicional carreira de promoción da lingua inicia unha nova edición cun cartaz no que diversas persoas, entre elas varias caras coñecidas como o actor Federico Pérez, a escritora Ledicia Costas, a música Sés ou o gardameta Sergio Álvarez apoian unha nova campaña que ten como obxectivo incidir na xente máis nova para promocionar o uso do galego, finalidade que conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña, da que é responsábel a vicepresidenta Goretti Sanmartín.

Continuar lendo
0
4594
Colaborarán en diversas actividades co fin de poñer en valor a súa figura e estudar e divulgar a súa obra O conselleiro de Cultura, gabou a figura de Manuel María -a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas- porque, máis aló da súa calidade literaria e da súa prolífica obra poética, “foi un home comprometido coa cultura, coa sociedade e co idioma dun xeito absoluto”. O conselleiro fixo esta loa na terra natal do poeta, en Outeiro de Rei, onde asinou un convenio coa Fundación Manuel María de Estudos Galegos, nun acto ao que tamén asistiu...
Continuar lendo
0
4688

O programa, para o que se restauraron e dixitalizaron obras de difícil acceso, reúne 63 curtas e longametraxes, ademais dunha selección de 17 spots dos Estudios Moro

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) dedícalle un novo ciclo temático á historia da animación en España, que se desenvolverá arredor de oito sesións para ofrecerlle ao público o resultado dun exhaustivo traballo de investigación, revisión e recuperación de material histórico xunto con obras de produción recente. ‘Do trazo ao píxel. Máis de cen anos de animación española’ arranca mañá, ás 20.30 horas, cun primeiro programa titulado ‘Garabatos’, centrado na pegada que o humor gráfico deixou no cinema.

Continuar lendo
0
11546

O ciclo, que se desenvolverá do 16 de abril ao 30 de setembro, contribúe á descentralización da oferta cultural galega, ao tempo que amplía a distribución dos espectáculos de teatro, música, danza, novo circo e maxia producidos en Galicia.

Presentouse en Santiago o novo calendario de actuacións de ‘Cultura no Camiño, que na súa cuarta edición amplía a 99 o número de municipios participantes e a 369 as funcións escénicas e concertos programados.

A Xunta de Galicia volve contar coa colaboración dos concellos para a organización deste ciclo, que se estende do 16 de abril ao 30 de setembro, promovido a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia co obxectivo de contribuír á dinamización cultural das localidades polas que discorren as diferentes rutas xacobeas na nosa Comunidade.

Continuar lendo
0
3544

Galicia celebrou o ‘Día das Artes, unha conmemoración impulsada pola Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario (RAGBA) co fin de recoñecer traxectoria e evolución da expresión plástica dos creadores e creadoras do noso país ao longo da historia.

 Os actos deste ano tiveron lugar en Pontevedra, que están dedicados a Alfonso D. Rodríguez Castelao, unha figura que destaca sobre todo polas súas calidades artísticas polifacéticas e que foi capaz de canalizar o seu talento a través de múltiples formas artísticas que abarcan a música, a ilustración, a pintura, o ensaio, a narrativa, o teatro e o deseño.

Continuar lendo
0
3261
O grupo Chévere, coa participación de nove intérpretes e cinco músicos baixo a dirección de Xesús Ron, foi o condutor da noite festiva destes galardóns que distinguen cada ano os profesionais da escena galega O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolleu o mércores 30 de Abril a gala de entrega dos XX Premios María Casares que, organizados pola Asociación de Actores de Actrices de Galicia (AAAG), distinguen cada ano o traballo das distintas disciplinas escénicas do teatro producido en Galicia. O grupo Chévere é o encargado do deseño e condución do evento que hoxe foi presentado como un musical festivo de...
Continuar lendo
0
3173

 O CGAI recupera tamén dúas das producións anteriores do realizador barcelonés: ‘Le Saphir de Saint-Louis’ e as súas ‘Correspondencias’ co lituano Jonas Mekas.
 

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) recibire o xoves 31 de Abril, na súa sede da Coruña, o cineasta José Luis Guerin para participar nun encontro co público con motivo da proxección de ‘La academia de las musas’, o seu último filme.

Guerin –quen esta tarde imparte unha clase maxistral sobre a relación entre cinema e fotografía no Museo de Arte Contemporánea (MAC) Gas Natural Fenosa, para a que xa se esgotaron as prazas dispoñibles– presentaralle aos espectadores a fita que estreou na pasada edición do Festival de Cine de Locarno e pola que obtivo o Giraldillo de Oro á mellor película no Festival de Cine Europeo de Sevilla. A sesión de mañá, programada para as 20.30 horas, será de entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Continuar lendo
0