Ciclo Voices: Concierto Jane Birkin

Twitshot COMPARTE
  • Categoría:
  • Resumen del evento
    Ciclo Voices: Concierto Jane Birkin en Pontevedra
  • Administradores de eventos
  • Plazas disponibles
    Plazas ilimitadas
  • Vistas: 242 .

Tras case unha década de silencio (discograficamente falando) e aos seus expléndidos 70 anos, Jane Birkin volve a cantar a Serge Gainsbourg no seu novo álbum, Birkin / Gainsbourg – Le Symphonique, editado a pasada primavera. Nel reinterpreta, xunto a unha orquestra sinfónica de 90 instrumentos, o repertorio que no seu día lle legou o pai da súa filla Charlotte. Birkin / Gainsbourg – Le Symphonique inclúe cancións como From L’Anamour, Lost Song ou La Javanaise, temas que Birkin ven cantando desde 1969, cando o lendario poeta compuxo o primeiro álbum para ela, Serge Gainsbourg / Jane Birkin.En outono de 2018, Birkin chegará ao Pazo da Cultura de Pontevedra grazas ao ciclo Voices para presentar este novo traballo, que foi eloxiado pola crítica internacional como “un proxecto fascinante que estemuña o amor de Gainsbourg por Brahms e Chopin” (Sunday Times). Toda unha homenaxe ao compositor máis celebrado de Francia en mans da delicada e melodiosa voz de quen fose a súa parella. Birkin contou para a ocasión coa colaboración do compositor e pianista xaponés Nobuyuki Nakajima. En Pontevedra, estará acompañada pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, baixo a batuta do director Javier Viceiro-Filgueira.

TRAS O ÉXITO DA SÚA PRIMEIRA EDICIÓN,VOLVE O CICLO MUSICAL VOICES AO PAZO DA CULTURAORGANIZA: CONCELLARÍA DE CULTURA. CONCELLO DE PONTEVEDRA.

Fiel a súa aposta por consolidarse como un referente no eido da programación cultural galega, a cidade de Pontevedra brindará aos seus públicos, por segundo ano consecutivo, a posibilidade de gozar cos mellores directos musicais da man do ciclo Voices.  A programación cultural da cidade, sempre baixo o prisma da calidade e da diversidade artística que veñen caracterizando a súa ampla oferta, medra un ano máis para achegar a Pontevedra algunhas das mellores voces do panorama internacional. A expectación está servida tras a primeira edición celebrada en 2017, que acadou grandes aplausos do público e da crítica, con cheos absolutos nalgúns dos seus inesquecibles directo.

O ciclo Voices experimentará a súa segunda edición en 2018 coa fin de recoller os sons máis salientables do panorama musical actual -desde os máis clásicos aos máis vangardistas-, con figuras de recoñecido prestixio internacional. Voices apostará un ano máis polas sonoridades do mundo, sen atender a estilos nin a modas, coa fin de apostar sempre por a calidade musical como valor principal da súa programación. Soul, rock, indie, world music e jazz, entre outros estilos musicais, atoparán o seu espazo nesta cita musical imprescindible que busca asentarse como un referente non só en Galicia, senón tamén en todo o norte peninsular.A singularidade do ciclo verase tamén marcada nesta segunda edición polo seu interese en programar voces de referencia con moito que dicir máis aló das táboas dun escenario. Deste xeito, Voices programará encontros cos artistas, charlas, cafés e outras actividades para descubrir as inquedanzas, valores e proxectos dos artistas que en 2018 locen no seu cartel.


Localización de mapa

Cargando mapa...

Tu Respuesta

¿Asistiras a este evento?

Invitados confirmados