Actuación de La Phármaco

Twitshot COMPARTE
  • Categoría:
  • Resumen del evento
    Actuación de La Phármaco en Santiago de Compostela
  • Administradores de eventos
  • Plazas disponibles
    Plazas ilimitadas
  • Vistas: 15 .

La Phármaco, unha das formacións máis prometedoras da danza contemporánea de España, coa coreógrafa e bailarina Luz Arcas á fronte, presenta en Galicia ‘Kaspar Hauser’. El huérfano de Europa, un espectáculo físico que dialoga coa Historia para reflectir a nosa época, bailando, como a propia formación afirma, “a natureza poética e salvaxe do humano.

Luz Arcas, coreografía e interpretación
Carlos González, composición e interpretación musical
Jorge Colomer, iluminación
Heridadegato, deseño de vestiario
Ana Montes, escenografía
Kaspar Hauser. El huérfano de Europa (2016)

Desde o seu nacemento en 2009, La Phármaco propúxose recuperar o concepto clásico de cerimonia escénica: o espectáculo total, onde os elementos expresivos se reúnen e a nan nunha mesma tonalidade, comprometida coa mensaxe. Para La Phármaco creemos que a danza non se limita a unha cuestión de xéneros nin de estilos, o seu labor é tratar de facer visible o que estaba escuro. As formas e as dinámicas son sempre inesperadas, orixinadas no profundo e reveladas como segredos onde a alma pode manifestarse e recoñecerse. A danza é unha arte culta, que dialoga coas voces fundamentais da nosa Historia. La Phármaco atopa nos clásicos da literatura universal un espello apropiado para re ectir a nosa época, á vez que reivindica a danza como mecanismo social, humanista. A cerimonia escénica é necesaria. A experiencia poética enfróntanos coas contradicións do humano. Quen baila lémbranos que o mundo se está creando aínda. Entre as creacións de La Phármaco destacan El libro de los venenos (2009, Prmio INJUVE e Málaga CREA 2009), El monstruo de las dos espaldas (2010), Antes fue siempre fuego (2012), Sed erosiona (2012), Éxodo: primer día (2013, nomeada aos Premios MAX e aos Premios del Teatro Andaluz como Mejor Espectáculo de Danza e Mejor Intérprete Femenina de Danza, seleccionada para o catálogo do AECID 2015) e La voz de nunca (2014, co-producida pola Agencia Andaluza de Instituciones Culturales, Premio Mejor Intérprete Femenina de Danza nos Premios del Teatro Andaluz, 2015). Os seus traballos recibiron o apoio do Centro de Danza Canle, a Agencia Andaluza de Instituciones Culturales, INAEM e AECID, e o seu repertorio continúa en xira dentro e fóra de España.


Localización de mapa

Cargando mapa...

Invitados confirmados