Concierto de Manuel Blanco, trompeta; Jesús Sánchez, piano

Twitshot COMPARTE
  • Categoría:
  • Resumen del evento
    Concierto de Manuel Blanco, trompeta; Jesús Sánchez, piano en Santiago de Compostela
  • Administradores de eventos
  • Plazas disponibles
    Plazas ilimitadas
  • Vistas: 12 .

A Intrada de Honegger tan popular entre os trompetistas, xa sexan de formación clásica ou forxados no jazz, abre esta penúltima cita das Xornadas na que se servirá un cóctel moi variado de obras orixinais e transcricións.

Lendas e fantasías

Arthur Honegger. Intrada H 193 (1947)
George Enesco. Légende (1906)
Claude Debussy. Claro de luna (1880)
Gabriel Parès. Fantaise-Caprice (1911)
Julián Ávila. Estrea absoluta* (2017)
Rodion Shchedrin. En el estilo de Albéniz op. 52 (1973)
Isaac Albéniz. Mallorca (Barcarola) op. 202 (1890)
Peter Maxwell Daviel. Sonata para trompeta y piano (1955)

*Estrea absoluta. Encargo do CNDM

Manuel Blanco
Nacido en 1985 en Daimiel (Cidade Real), estudiou trompeta con M. Baeza Rubio e J. M. Ortí Soriano e na actualidade recibe asesoramento musical de Reinhold Friedrich. Gañou concursos como o Ciudad de Xátiva, Calviá, Moixent, Jeju (Corea do Sur), pero o seu gran logro internacional chegou co primeiro premio do ARD Music Competition de Múnic 2011, no que obtivo a cuali cación máis alta da historia do certame. Traballou como trompeta solista en orquestras como Concertgebouw de msterdam, Gewandhaus de Leipzig, Filharmónica de Radio France, Gustav Mahler Jugend Orchester, European Youth Orchestra, Berlin Staatsoper, Filarmónica Arturo Toscanini, Orquestra Mozart Bologna, a Orchestra Teatro alla Scala Milán e Nacional de España, xunto a grandes batutas como Abbado, Jansons, Fr beck de Burgos, Maazel, Mehta, Barenboim, Chailly, Dudamel, Nelsons, Pons, Mena, Heras-Casado, Pehlivanian, Salado, Baeza- Rubio, Olivieri-Munroe, Bychkov, Eschenbach ou Afkham. Como concertista, tocou coas orquestras da Radio de Baviera, da Radio de Múnic, RTVE, Nacional de España, Navarra, Bilbao e Municipal de Valencia, orquestras de cámara de Múnic e Budapest, Jeju Philharmonic Orchestra, Camerata XXI, Philarmonisches Orchester W rzburg, Capella Symphonic Orchestra (St. Petersburg), Hofer Symphoniker, Niederrheinische Sinfoniker, Norddeutsche Philharmonie Rostock, etc. O seu interese pola música de cámara, levouno a liderar o Mediterranean Chamber Brass, que actuou por todo o mundo con premios internacionais en competicións como o Festival de Jeju (Corea del Sur), Lieksa Brass Week (Finlandia), Múnic, etc. Nos seus próximos proxectos inclúense numerosos concertos de solista con orquestras de recoñecido prestixio, recitais con piano e órgano e o lanzamento do seu primeiro CD como solista cos concertos de Mozart, Haydn, Tomasi e Zimmermann, xunto á ONE e o mestre J. Pons.

Jesús Sánchez
Inicia os seus estudos con María Suárez Bricio e continúaos no Conservatorio de Cuenca con Ma Teresa Untoria Atienza, obtendo o Grao Superior coas mellores cuali cacións. Completa a súa formación artística con profesores como Almudena Cano, Ferenc Rados, M. A. Ortega Chavaldas, Gonzalo Trevijano, Julia Díaz-Yanes, etc. Actuou como solista en salas de cidades como Cuenca, Guadalaxara, Madrid, Sevilla, Tenerife ou Albacete e ofreceu concertos en numerosas localidades castelán-manchegas como solista así como en recitais de canto e piano. Foi mestre repetidor en óperas como Don Pasquale ou Dido e Eneas, ademais de pianista acompañante da Royal Academy of Dance de Londres en varias ocasións e diversos puntos da xeografía nacional. É un dos fundadores e organizadores do Festival Internacional de Música de Almonacid del Marquesado, onde actuou xunto a Manuel Blanco, do que é pianista habitual. Como docente, exerceu a labor de repertorista en numerosos centros da Comunidad de Madrid e Castela-A Mancha. Conta cunha dilatada experiencia como pianista acompañante de danza nas clases de Carmen Roche na Escuela Superior de Arte Dramático Scaena, así como en distintos conservatorios de danza da Comunidad de Madrid. Actualmente, traballa como profesor no Conservatorio Superior de Música de Castilla-La Mancha e na Universidad Alfonso X el Sabio de Madrid.


Localización de mapa

Cargando mapa...
Praza da Universidade, 1, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña, Spain

Tu Respuesta

¿Asistiras a este evento?

Invitados confirmados