Concerto de O Cuarteto Granados

Twitshot COMPARTE
  • Categoría:
  • Resumen del evento
    Concerto de O Cuarteto Granados en Santiago de Compostela
  • Administradores de eventos
  • Plazas disponibles
    Plazas ilimitadas
  • Vistas: 46 .

O Cuarteto Granados porá fin, na Igrexa da Universidade, a esta nova edición das Xornadas de Música Contemporánea estreando unha obra do pianista e compositor Gustavo Díaz-Jerez.

Alicia Amo, soprano

Cuarteto con voz
Gustavo Díaz Jerez. Critical Strip* (2016)
Jesús Torres. Cuarteto de cuerda** (2013)
Arnold Shoenberg. Cuarteto núm. 2 op. 10 (1907/08)

*Estrea absoluta
**Re-estrea. Encargo do CNDM

Cuarteto Granados
Esta formado por catro destacados intérpretes españois cunha sólida formación obtida en centros como a Escuela de Música Reina Sofía de Madrid, a Hochschule de Viena, a Hochschule Hanns Eisler de Berlín, a University of Toronto ou o Chicago Musical College e unha ampla experiencia en agrupacións de cámara coas que recorreron as salas máis importantes de España e doutros países. Os seus membros compaxinan a súa carreira interpretativa co labor individual en conservatorios e orquestras, e imparten clases en cursos nacionais e internacionais. No 2006, deciden profundar no repertorio para cuarteto de corda, atraídos pola calidade da música escrita para dito conxunto e polo reto que supón superar as di cultades musicais e técnicas esixidas en igual proporción a cada un dos seus intérpretes. Entre as súas actuacións destaca a súa participación nos monográ cos da Fundación March, especialmente os adicados a Haydn, Mendelssohn, Bartók e á Segunda Escola de Viena, retransmitidos en directo por RNE. Participaron tamén nos ciclos pedagóxicos da Fundación Madrid, no Festival de Almagro, no Festival Internacional de la Guitarra de Córdoba, no Ciclo de Cámara y Solistas da Fundación Caja Duero en Salamanca, no Festival de Música Española de León, no ciclo Conciertos de Estío do Auditorio Conde Duque de Madrid, no Festival Internacional Presjovem en Córdoba, na Semana de Música Religiosa de Cuenca e no Ciclo de Grandes Autores e Intérpretes no Auditorio Nacional.

Alicia Amo
Comeza os seus estudos de violín en Burgos e compaxínaos cos de ballet e percusión clásica. Obtén o título superior de violín en Musikene coas máis altas cuali cacións, continúa na Universität für Musik de Graz e realiza Bachelor e Máster en Canto Histórico na Schola Cantorum Basiliensis, onde acada Matrícula de Honra. Estuda violín barroco e realiza dous Operastudio con R. Jacobs e A. Zedda. Obtén o primeiro premio no I Manhattan International Music Competition, I Concurso Internacional de Ópera Mozart de Granada, o segundo premio no VIII Concorso Internazionale di Canto Napoli, I Berliner International Music Competition, e é nalista no I Concurso Internacional de Ópera Tenerife e XXIV Concours de Chant Clermont-Ferrand, amais de seleccionada para as residencias de Atelier Lyrique Strasbourg, Royaumont/Paris, Festival d’Ambronay e Fondazione Cini Venezia.

Actúa como solista en concerto, ópera e oratorio en festivais en Europa e América xunto á Z rcher Kammerorchester, Café Zimmermann, B’rock Orchestra, Vokalakademie Berlin, Orchestra di Lugano, Pygmalion, La Cetra Basel, Le Parlement de Musique, Sinfónicas de Bilbao, Granada, Madrid, RTVE ou Barroca de Sevilla; en teatros como os de Versalles, Nancy, Burdeos, Caen, Ruhrtriennale, Arriaga de Bilbao, La Zarzuela de Madrid, Maestranza de Sevilla, Semperoper de Dresde, etc e dirixida por Onofri, de Marchi, Marcon, Alessandrini, Pichon, Gómez Martínez, Víctor Pablo, C. Mena, Cohen, Banzo, Koopman ou Jacobs. Funda Musica Boscareccia xunto a A. Mercero e o seu primeiro CD adicado a F. Corselli é nominado aos premios ICMA 2017. É profesora de Canto Histórico en AIMAntiqua, Baroque Opera Studio Burgos e na Academia Internacional da Universidad de Murcia. Como violinista, foi solista e concertino da JONDE, Sinfónica de Burgos, membro da EUYO, Steirische Philarmonie de Graz, I Barocchisti e colaborou coa Sinfónica de Euskadi, a Orquesta Barroca de Sevilla e a Orquesta de RTVE. Entre os seus proxectos como soprano, destacan a representación de Siegfried de Wagner no Campoamor de Oviedo, Don Carlo de Verdi no Real de Madrid; Cosi fan tutte, no Victoria Eugenia de San Sebastián, na estrea de El Mozo de Mulas de Antonio José en Burgos, La Susanna de Stradella en Xenebra, La Serva Padrona en Klagenfurt, Mysteries of the Macabre de Ligeti (Bilbao e Madrid), Mesías de Haendel (coas orquestras de Granada e da Comunidad de Madrid) e Arie di Concerto de Mozart xunto a P. González no Festival de Granada.


Invitados confirmados