Teatro del Barrio presenta: Masacre. Unha breve historia do capitalismo español

Twitshot COMPARTE
  • Categoría:
  • Resumen del evento
    Teatro del Barrio presenta: Masacre. Unha breve historia do capitalismo español, en Santiago de Compostela.
  • Administradores de eventos
  • Plazas disponibles
    Plazas ilimitadas
  • Vistas: 11 .

Unha produción de Teatro del Barrio, con texto, dirección e interpretación de Alberto San Juan. Marta Calvó co-protagoniza esta peza sobre escura relación entre os poderes económico e político.

Sinopse

Quen goberna España? En que medida o poder político se subordina ou non ao económico? Quen ten o poder económico? Por que o teñen? Dende cando? Como o conseguiron? Que influencia tivo este poder sobre o político nos sucesivos ciclos da nosa historia recente?

Neste retrato, teatralmente libre pero con vontade de rigor no informativo, vemos un chisco da vida dunha parella de clase media e, intercaladas, unha serie de escenas que, en orde cronolóxica, repasan a historia do capitalismo español dende comezos do século XX a través dalgúns protagonistas como Emilio Botín, Escrivá de Balaguer, Esther Koplowitz, Carlos March, Ana Botella ou José María Aznar.

Equipo técnico e artístico

Intérpretes: Marta Calvó e Alberto San Juan
Texto e dirección: Alberto San Juan
Axudante de dirección: Ana Belén Santiago
Iluminación: Raúl Baena
Vestiario e elementos en escena: Teatro Del Barrio
Produción: Teatro Del Barrio
Espazo sonoro: Adrián Foulkes


Localización de mapa

Cargando mapa...

Tu Respuesta

¿Asistiras a este evento?

Invitados confirmados