Exposición Choiva de Isabell Seidel

Twitshot COMPARTE
  • Categoría:
  • Resumen del evento
    Exposición Choiva de Isabell Seidel en Ourense
  • Administradores de eventos
  • Plazas disponibles
    Plazas ilimitadas
  • Vistas: 16 .

O Museo Municipal amplía a mostra Tempo, de Isabell Seidel, cunha nova serie dedicada á choiva e á auga

O Museo Municipal ampliará a exposición Tempo, de Isabell Seidel, cunha nova serie de 25 acuarelas inspiradas na auga e na choiva. Logo de 4 meses dun éxito absoluto de visitas, tanto de veciños e veciñas da nosa cidade coma de turistas, contabilizáronse 4.129 entradas sen contar os grupos de escolares de diferentes idades e, en xeral, colectivos moi interesados polas obras de arte, especialmente pola obra da artista xermano-ourensá.

Desde a inauguración do proxecto, foron múltiples as solicitudes de visitas guiadas e, entre as que se levaron a cabo, unha gran cantidade foron directamente atendidas pola propia artista, salientando todos os visitantes un contacto moi persoal e moi próximo aos diferentes.

Logo de 6 meses pechado pola adecuación do espazo a un novo elevador para así facilitar o acceso ao público eliminando barreiras arquitectónicas, o Museo Municipal abriu de novo as súas portas con Tempo, unha exposición que ocupa as tres plantas do devandito edificio histórico no centro e corazón do casco antigo da nosa cidade tal e como se fixera na inauguración do Museo exactamente 30 anos atrás.

Isabell Seidel continuou traballando no seu proxecto alén das obras expostas, e é a partir da afluencia de visitantes que xorde a posibilidade de ampliar a nova obra no marco do mesmo proxecto.

“Choiva”, a nova serie de obras de acuarelas de Isabel Seidell, amosa un compendio de cores desde a máis íntima abstracción, e presentarase o xoves 5 de outubro ás 19:45 horas na sala I do Museo Municipal.


Localización de mapa

Cargando mapa...

Tu Respuesta

¿Asistiras a este evento?

Invitados confirmados