Bebega 1º Feria do Bebe de Galicia

Twitshot COMPARTE
  • Categoría:
  • Resumen del evento
    Bebega 1º Feria do Bebe de Galicia
  • Administradores de eventos
  • Plazas disponibles
    Plazas ilimitadas
  • Vistas: 125 .

Nace BEBEGA, 1ª Feira do Bebé de Galicia

Celebrarase en Expourense na fin de semana do 14 e 15 de outubro

 Terá lugar de xeito paralelo e complementario a Celebra, Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais, que cumpre 18 edición.

BEBEGA converterase no punto de encontro entre os recentemente nados e os produtos e servizos máis novidosos, ademais das últimas tendencias no coidado do bebé que apostan pola volta á crianza natural (promoción da lactancia materna, cueiros de tela, alimentos naturais, tecidos orgánicos, …), sen deixar de lado as innovacións tecnolóxicas.

 

En BEBEGA teñen cabida sectores como a nutrición, puericultura, roupa, calzado, fisioterapia para mamás e bebés, servizos médicos pediátricos, seguridade, hixiene, educación, mobiliario, electrodomésticos, viaxes dirixidas ás familias, organizadores de actividades de lecer e tempo libre, animación infantil, servizos de axuda á lactancia, clases preparto e postparto, etc.

Ademais da área de exposición, BEBEGA contará cun programa paralelo composto por actividades complementarias como charlas sobre o embarazo e o parto, lactancia, primeiros coidados, estimulación, etc. Tamén haberá espazos dirixidos ao entretemento dos máis pequenos.

Esta primeira edición de BEBEGA coincidirá en tempo e espazo con Celebra, Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais que cumpre xa 18 edicións presentando todo o necesario para organizar calquera evento familiar ou empresarial. O comité asesor xa está a preparar a pasarela de moda nupcial e festa que adoita ser o punto forte desta cita á que acoden cada ano máis de 5.000 persoas, a meirande parte delas público obxectivo que busca asesoramento para un evento.

Continúa aberta a contratación de espazos para as empresas que queiran participar nesta dobre cita para as familias. Os interesados poden chamar ao 988 36 60 30 ou escribir a expourense@expourense.org. A información irase actualizado en www.expourense.org e nos perfís sociais (www.facebook.com/bebega e @bebega2017 en Twitter).


Localización de mapa

Cargando mapa...

Invitados confirmados