MUSEO DIOCESANO E CATEDRALICIO DE MONDOÑEDO

Twitshot COMPARTE
  • Categoría:
  • Resumen del evento
    O Museo catedralicio e diocesano de Mondoñedo foi comezado a principios de 1968.
  • Administradores de eventos
  • Plazas disponibles
    Plazas ilimitadas
  • Vistas: 1156 .

O Museo catedralicio e diocesano de Mondoñedo foi comezado a principios de 1968. Posteriormente fóronse facendo ampliacións ata chegar ós cerca de 2000 metros cadrados de superficie que ten na actualidade. As habitacións da parte baixa, contigua ó claustro da Catedral foron residencia dos bispos e están ambientadas no estilo da época. Destaca a capela do século XII e o despacho do Bispo Guevara, do século XVI. Na parte alta están os dous grandes salóns góticos de 34 metros de longo cada un deles. Ó lado do primeiro salón estivo a vivenda do Bispo Luján, a fins do século XVI, é de destacar a cámara dormitorio que impón pola súa señorial austeridade.
No Museo poden verse obras como os relevos procedentes dun retábulo de alabastro inglés do século XV, ou o retábulo da Magdalena cunha imaxe  tamén do século XV, ademais de libros corais, ornamentos sacros, ourivería,  pezas de arqueoloxía ou a gran colección de máis de 350 esculturas. Destacar tamén a valiosa colección de vestimentas litúrxicas que posúe.

Nos últimos anos inauguráronse novas salas. Entre elas a de arte francés, con cadros de Renau, Mignad, Iziers, ou do pastelista Armand. Hai tamén esmaltes, miniaturas e pezas cerámicas.

Horario:
Inverno: de 11-13 e de 16:15-18:30 h. Verán: de 10-13 e de 16:15-18:45 h.
Pago:
Tarifa completa
Tipo de acceso:
Guiada
Prezo:


Localización de mapa

Cargando mapa...

Tu Respuesta

¿Asistiras a este evento?

Invitados confirmados