Moita xente se deu cita un ano máis para homenaxear a Manuel Marí­a na Carballeira de Santa Isabel

Outeiro de Rei, 11 xullo 2015

De novo gran éxito de convocatoria na 2ª edición do Convivio da Cultura Galega na fermosísima Carballeira de Santa Isabel Á beira do pai Miño. Unha xornada de festa arredor da cultura do Paí­s que encheu de xente esta paraxe incomparábel. A Banda Xuvenil da Escola Musical de Rianxo, de Rábade-Begonte e a Banda de Música e Coro de Asoc. Cultural e Musical Solfa interpretaron diversas pezas con especial protagonismo das meniñas e meniños que disfrutaron a tope.

  b2ap3_thumbnail_DSC06043.JPG

 

Polo serán houbo Foliada e puidemos desfrutar da fermosa voz de En Clave de Fado que fixo repaso dentro do seu repertorio.

 

b2ap3_thumbnail_la-foto-1r.jpg

 

O Convivio deste ano festexaba ademáis a acertada e agardada elección de Manuel María para o Día das Letras 2016 e contou ca presenza da súa viúva Saleta Goi e o Secretario da Fundación, Alberte Ansede agradeceu no peche do acto a asistencia e emprazou á xente o vindeiro convivio.

Imagine (John Lennon) interpretada polas bandas: A Banda Xuvenil da Escola Musical de Rianxo, de Rábade-Begonte e a Banda de Múºsica e Coro de Asoc. Cultural e Musical Solfa