Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores celebraron o sábado 14 de maio a I Gala do Libro Galego.

A I Gala do Libro Galego, tivo lugar no Teatro Principal do Concello de Santiago de Compostela. Con esta convocatoria preténdese recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, foron determinadas por un xurado externo sobre unha listaxe de obras finalistas conformada polas bases asociativas da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), da Asociación Galega de Editoras e da Federación de Librarías de Galicia.

As directivas das organizacións convocantes, previa votación dos seus asociados e asociadas, fixeron chegar a listaxe de finalistas nas once primeiras modalidades a un xurado externo, que nomeado de común acordo polas Xuntas Directivas da AELG, AGE e Federación de Librarías, formado por sete persoas, quen se encargarán de fallar estes galardóns sen dotación económica. 

O premio ao Escritor Galego Universal será concedido pola directiva da AELG, que xa decidiu outorgarllo a Pere Gimferrer, o Honorífico á libraría será concedido pola directiva da Federación de Librarías e o Honorífico á editora corresponderá á directiva da AGE.

A Gala contou coa actuación de Áureas, un proxecto de música e teatro no que as intérpretes son músicas e actrices interpretando personaxes de ficción. Este conxunto internacional realiza un concerto-espectáculo no que veremos unha charanga de mulleres ambientada nos anos 20.

A seguir, as obras gañadoras nas distintas categorías:

Ensaio

- Poesía Hexágono. Ollada e experiencia. Proposta e resposta nas aulas

O xurado estima a obra como unha ferramenta necesaria para as aulas co obxectivo de tratar este xénero considerado secundario na didáctica escolar. Valórase tamén este libro pola súa centralidade no tema proposto así como polas posibilidades prácticas que ofrece para a intervención creativa nas aulas.

Tradución

-Mocidade (Joseph Conrad), en tradución de Alejandro Tobar. Hugin e

O xurado valora nesta tradución o importante labor de documentación que enriquece a lectura e axuda a acceder en profundidade ao orixinal cunha lectura fluída.

Proxecto literario na rede

- Poétic@, de Fran Alonso

Valórase a innovación desta proposta, que eleva á rede un proxecto literario poético único á procura da permanente construción renovadora.

Literatura infantil e xuvenil

- O meu pesadelo favorito, de María Solar (ilustracións de María Lires).

Estimouse a conxunción dunha construción narrativa con trazos surrealistas que axudan a desenvolver un mundo onírico no público lector

Iniciativa bibliográfica

- Lendo lendas, digo versos, de Antonio G. Teijeiro e Antonio Reigosa (ilustracións de Xosé Cobas). Xerais

O xurado valora o excepcional traballo de conciliación da literatura oral coa escrita, harmoniosamente acompañado polo labor de ilustración. Recoñécese tamén o valor da obra finalistas, polo esforzo de autoedición, pola súa calidade estética e pola atención a un campo considerado menor dende a aposta pola tradición actualizada.

Iniciativa cultural ou de fomento da lectura

- Espazo Lectura

Valórase o fomento da lectura a pé de rúa, no día a día e para todas as idades, e cunha progresión na intensidade de traballo notábel en diversos ámbitos do proxecto.

Libro ilustrado

- Cadros dunha exposición. Modest Mussorgsky, de Xosé Cobas (texto de Polo seu lirismo e a coherencia gráfico-textual coa elegacia da ilustración

Teatro

- Xogando con gatos, de Antón Cortizas. Xerais

Sobrancéase o dominio dunha escrita coidada e dirixida ao público infantil dentro do xénero dramatúrxico.

Xornalismo Cultural

- Sermos Galiza

Pola constancia da atención ao xornalismo cultural, sustentada na atención preferente a trasladar á sociedade a diversidade das producións do seu sistema literario.

Narrativa

- O último día de Terranova, de Manuel Rivas. Xerais

Pola súa complexa arquitectura, esixente, que recoñece o labor de libreiras e libreiros a través dun percorrido emocionante.

Poesía

- oso, mamá, si?, de María Lado. Xerais

Destácase a unidade do poemario, vinculado á construción dun relato que une a tenrura ás condicións máis escuras do ser humano, transitando por un campo emocional moi diverso.

Ademais, entregáronse os premios honoríficos de cada unha das entidades convocantes. A Federación de Librarías de Galicia outorgoullo á Libraría Pedreira, de Santiago de Compostela; a Asociación de Editores Galegos premiou a Editorial Laiovento e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega concedeu o galardón Escritor Galego Universal ao autor catalán Pere Gimferrer.

A Gala, presentada polo xornalista e escritor Camilo Franco, contou coa actuación musical do grupo de teatro musical Áureas.

A Gala do Libro Galego 2016 foi apoiada polo Concello de Santiago, Consellaría de Cultura, Deputación da Coruña, Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), coa colaboración da Fundación Luís Seoane.