A Axencia Galega de Industrias Culturáis (Agadic) acaba de poñer en marcha o programa ‘Firma e Filme’, que ten por obxectivo promover a adaptación audiovisual de obras da literatura galega. A iniciativa comeza cunha convocatoria dirixida á participación das empresas audiovisuais e editoriais, que conta coa colaboración da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e da Asociación Galega de Editores (AGE).

‘Firma e Filme’ nace para a posta en valor de dous eidos creativos da cultura galega, o das imaxes e o das letras, a través dun proxecto conxunto que contribúa a estudar as posibilidades de adaptación das obras literarias galegas ao noso audiovisual. Para isto, o primeiro paso é a compilación de información, tanto da oferta editorial como dos intereses e proxectos actuais demandados polas produtoras, para o que os interesados teñen de prazo ata o 18 de xuño para remitir ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. as fichas normalizadas que se poden descargar do web da Agadic.
 
As editoriais deberán cumprimentar unha solicitude por cada título proposto susceptible de adaptación cinematográfica, indicando o xénero no que se insire entre un total de 14 preestablecidos, o grupo de público potencial ao que se dirixe (infantil, xuvenil, adulto ou familiar) e o formato proposto para a súa versión audiovisual: longametraxe ou curtametraxe (de ficción, documentais ou de animación), serie, TV-movie, experimental, proxecto multimedia, videoxogo, webserie etc.
 
Pola súa banda, as produtoras han de sinalar, no momento de se inscribir, o formato no que teñen interese en realizar as adaptacións, os xéneros preferentes (animación, acción, aventuras, bélico, biopic, ciencia ficción, comedia, drama, experimental, fantástico, musical, romántica, suspense, terror, thriller, western...) e mais o grupo de espectadores ao que queren dirixirse. 
 
Cos datos recibidos, iniciarase unha fase de análise e informe para intercambiar impresións entre as partes e cara á organización dunha axenda final de reunións bilaterais executivas, que se desenvolverán en Pontevedra no mes de decembro no marco de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais.


Fonte: AGADIC