Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

FESTIVAL 40 ANOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL ALEXANDRE BÓVEDA

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 5098
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
5098

Asistimos ao Festival Aniversario 40 Anos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda e aquí volo contamos.

O pasado 19 de outubro, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda celebraba os seus 40 anos de andaina de difusión do noso patrimonio cultural. Foi unha xornada de festexo onde encheron o Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e onde poidemos desfrutar de boa música e de bo teatro todo conducido por Isabel Risco e César Cambeiro.

O presentador e a presentadora fixeron un emotivo e simpático resumo da longa vida da Asociación, lembraron a grande cantidade de xente que colabora e colaborou e tamén a todos os colectivos aos que pertence a Alexandre Bóveda como son Adega, Milhomes, AELGA, AS-PG, a Mesa pola Normalización Lingüística e tantos outros, sen esquecer a Marcha Mundial das Mulleres, da que tamén forma parte apoiando a loita feminista. Ademáis foi punto cero da Plataforma Nunca Máis, teñen unha magnífica biblioteca e fan cursos de todo canto hai.

Tanto teñen e tanto fan que: “- Habería que internacionalizar á Asociación”, como ben propuxeron as presentadoras entre os aplausos do público asistente.

A gala decorreu entre a actuación teatral de Paso de Valverde Asociación de Teatro ca súa obra Sanatos e a de Alberte Núñez co seu acordeón diatónico, que se meteron no peto ao respetábel, e rematou cun apaixoante concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, non sen antes escoitar unhas palabras do actual presidente da Asociación, Xosé Manuel Sánchez Rei, agradecendo o seu traballo a todos e todas as que forman parte dela, dunha forma ou de outra, e a todas as asistentes ao Festival.

Pois pola nosa parte, moitos parabéns e que sexan cuarenta anos máis (¡mínimo!).

 

GALERÏA FOTOGRÁFICA DO EVENTO

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Wednesday, 08 May 2024