Actuaron dentro da festa de peche de tempada de O Mercado Street Food, que tamén contou con Linda Guilala, unha das mellores bandas emerxentes da nosa xeografía.

Que mellor plan que achegarse unha tarde solleira de xullo a escoitar a CAXADE nun marco máis que orixinal, o Mercado Municipal da fermosa cidade de Lugo. Aínda que con algo de retraso, os Alonso & Co. deleitáronnos co seu bo facer alternando cancións do seu novo disco “E ísto é o amor” con outras do anterior traballo, como Gente Pota ou Dança dos Moscas.

b2ap3_thumbnail_DSC06822.JPGb2ap3_thumbnail_DSC06788.JPG

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CAXADE veñen de recibir o Premio Martín Códax da Música e xa se converteron nun referente do estilo indie-folk desde que comezaran a súa andaina aló polo ano 2012. En este último álbum engaden un chisco de son electrónico á súa característica base de acordeón e metais, o que lle confire un punto aínda máis innovador se for posíbel, pola mestura de sons.

A banda integrada por Xosé Tuñas (batería), Manu Paino (trompeta, teclados), Manu Espiño (bombardino) e Alonso Caxade (acordeón) conseguiu chegar o público que se congregou no Mercado e que recitaba as letras das súas novas cancións, como "Independence Day" ou "Colesterol". E aínda houbo quen botou uns bailes!

Completaron o serán musical de O Mercado Street Food as actuacións de Linda Guilala, Mr. Fishman e D.J. Barrakas. Agardamos se repita a iniciativa.