Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

O Festival FKM difunde desde A Coruña o xénero fantástico con 26 filmes a concurso

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 11048
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
11048

A ciencia ficción é protagonista no programa desta edición, que ofrecerá tamén unha homenaxe póstuma a Herschell Gordon Lewis, coñecido como o ‘padriño do gore’.

Un total de 26 fitas –cinco longametraxes e 21 curtas– competirán este ano polos premios das seccións Óperas Primas e Curtametraxes da oitava edición do FKM, o festival de cinema fantástico que se desenvolve durante toda esta semana na Coruña. A Consellería de Cultura e Educación volve apoiar esta mostra a través da convocatoria de subvencións a certames audiovisuais da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da colaboración do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) como un dos seus espazos de exhibición.

A sección Made-In-Galicia, as sesións matinais e infantís, as ‘mesas cadradas’ para o debate, as presentacións profesionais e a exposición ‘Bella Muerte’, de Emma Ríos, son outras das citas no programa deste ano, que lle dedicará un espazo preferente á ciencia ficción, así como unha homenaxe póstuma ao director estadounidense Herschell Gordon Lewis, coñecido como o ‘padriño do gore’, quen faleceu o pasado mes de setembro e sobre o que falará o seu produtor, Jimmy Malson.

Ademais, o certame conta coa colaboración da Asociación Galega de Guionistas (Agag), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a European Women’s Audiovisual Network (EWA) na posta en marcha do primeiro Concurso Internacional de Guión para Curtametraxes FKM.

Proxeccións na filmoteca

O festival, que arrancou onte coa súa xa tradicional Vídeo Regueifa, ocupará o CGAI dende hoxe e ata o vindeiro sábado. Esta mesma tarde, ás 18.00 horas, a filmoteca galega acollerá a sesión ‘Carne crúa’, na que os realizadores Javi Camino, Samuel Lema, Olga Osorio, Raquel Pérez e Omar Rabuñal presentarán os novos proxectos nos que están a traballar.

Nesta mesma sala terán lugar as proxeccións dos concursos internacionais de curtametraxes (venres 28, ás 18.00 e 20.30 h) e tres das cinco longas a competición: ‘Lovemilla’ (hoxe, ás 20.30 h), ‘Rendezvous’ (mañá, ás 18.00) e ‘La valija de Benavidez’ (xoves, ás 18.00 h).

Entre o resto das fitas que poderán verse nesta oitava edición destacan tamén títulos como ‘Decorado’, de Alberto Vázquez; ‘Los viajes de Pichük, de Manuel Cráneo e Paco Cuesta; ‘Einstein-Rosen’, de Olga Osorio; ou ‘Share o no Share’, de Juan Hervella-Rego, ademais de dúas obras emblemáticas da ciencia ficción: ‘Things to come’ (1936), de William Cameron Mezies, e ‘Ikarie XB-1’ (1963), de Jindrïch Poläk.

As distintas sesións e actividades complementarias terán o seu colofón o luns 31 co xa habitual desfile ‘Zombiewalk’ do FKM, que partirá ás 21.30 horas do Obelisco para percorrer diferentes rúas da cidade.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Sábado, 20 Abril 2024